Despois de 12 anos de goberno de Nova Luce parece que o ciclo pode estar próximo a concluír. Temos que sinalar que tanto na época de Barja como na de Armesto a política desenvolvida foi en moitos aspectos semellante á do seu antecesor Meilán, de infausta lembranza para o PAS. O interese por manterse no cargo primou sobre a implantación de políticas progresistas, resultando favorecidos os mesmos que na época anterior.
Continúa sen resolverse o desastre 2011 do reactor nuclear en Fukushima, Xapón, a pesar das garantías das autoridades gobernamentais e dos principais medios de información de que a situación foi contida e a pesar da avaliación da Axencia Internacional de Enerxía Atómica de Nacións Unidas afirmando que Xapón fixo "progresos significativos" na limpeza da locación do reactor.
O 1% máis rico da poboación mundial xa posúe tanta riqueza como o 99% restante combinado, segundo a proxección para 2016 dun estudo difundido en xaneiro 2015 pola ong Oxfam.
Mozos universitarios e de secundaria reunidos na Confederación de Estudantes de Chile (Confech), realizarán este xoves unha marcha nacional para esixir unha vez máis avances no proxecto de gratuidade na educación superior.
Un de cada catro acuíferos españois, que abastecen ao 70 % dos pequenos municipios, están contaminados con nitratos, que son nocivos para a saúde e para os ecosistemas, e é o problema máis grave e “inquietante” das augas subterráneas do país, segundo un estudo do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME).
O proceso de deterioración social é especialmente grave pola súa intensidade, polo seu carácter transversal e porque deixa de ser un fenómeno conxuntural ou cíclico para pasar a ser estrutural. O número de traballadores pobres segue crecendo: desde o 11,7% en 2013 ao 14,2% en 2014. O emprego xa non protexe da pobreza. Non é de estrañar que a cidadanía non perciba a mellora macroeconómica de que se nos fala.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript