Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 289 - 19/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA
 

Devolución do 26,23% da paga extraordinaria retida en nadal de 2012

No DOG do día 16 a Consellería de Facenda publicou o ANUNCIO do 7 de outubro de 2015 polo que se dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto no artigo único da Lei 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de outubro de 2015, e os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo o primeiro día do mes de outubro de 2015 serán aboados polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude presentada ante ese órgano polos interesados no modelo que se xunta como anexo a este anuncio.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript