NÚMERO 289 - 19/10/2015
CUTUDC / Novidades
Unha vez máis a Universidade recorre á contratación en precario para cubrir postos estruturais. Esta vez, a través da páxina de Infojobs coñecemos que a UDC quere contratar a dúas traballadoras/es para a unidade de bolsas. Xa denunciamos as contratacións que nesta mesma unidade e en colaboración co Ministerio se realizaron o ano pasado.
Supoñemos, a Xerencia non informou
á Xunta de Persoal, que, como sucedeu o pasado ano
cando se procedeu á incorporación de catro
traballadoras dúas en réxime de “colaboración
social” e outras dúas a través de ETT ao abeiro do
“Programa
de apoyo a las unidades de gestión de becas.
Instrucciones para la tramitación de la
colaboración social La Coruña”, este ano a
Universidade actúa de xeito semellante.
Non sabemos se a UDC aceptou como no ano 2014 a
traballadoras/es en réxime de “colaboración social”
o compromiso que o xerente sinalou na Xunta de
Persoal era que non se recorrería a este tipo de
réxime escravista, non obstante tampouco estamos de
acordo en que se recorra á contratación precaria
temos que lembrar que as traballadoras contratadas
a través da ETT TRAGSA o pasado ano traballaban 25
horas á semana cun salario de 600€.
No anuncio ao que facemos referencia da empresa
Infojobs establécense como funcións a desenvolver:
“As persoas seleccionadas encargaranse de realizar,
entre outras, as seguintes tarefas:
- Recepción de documentos e a súa posterior
gravación
- Tratamento de base de datos e/ou cotexo dos
rexistros con documentación en soporte papel
- Tarefas de arquivo de documentación en
expedientes
- Tarefas puntuais de apoio e colaboración no
tratamento dos datos capturados nas bases de datos
Non se terán en conta candidaturas que non teñan a
experiencia requirida no posto.”
Reclamamos, como o fixemos no seu día diante do
xerente, que para cubrir as necesidades, puntuais
ou prolongadas, de persoal se recorra á utilización
das listas de agarda. Lembramos, unha vez máis,
que, nesta unidade, existe unha praza na RPT que
non se cubre.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript