Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 289 - 19/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA
 

Canosos e dias adicionais de vacacións por antigüidade

Na reunión realizada o día 15 de outubro da Mesa Xeral de Empregados Públicos e a Comisión de Persoal para aprobar un Acordo entre a Dirección Xeral de Función Pública e os sindicatos, CCOO, UGT e CSIF asinaron o Acordo de transposición en materia de permiso por asuntos particulares e vacacións por antigüidade establecidos no real decreto-lei 10/2015.

 

 

 

O outro sindicato presente, a CIG,  negouse a emitir voto na reunión.
 

ACORDO:
 

Permiso por asuntos particulares por antigüidade.
 

  • .      O acordo recolle o dereito ao goce de dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.
     

  • .      Os días por asuntos particulares poderán acumularse aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.
     

Días adicionais de vacacións por antigüidade.
 

  • .     O acordo recolle que se terá dereito ao goce dos seguintes días de vacacións anuais, ao completar os anos de antigüidade que a continuación se indican:
     

  • o   Quince anos de servizo: Vinte e tres días hábiles  

  • o   Vinte anos de servizo: Vinte e catro días hábiles  

  • o   Vinte cinco anos de servizo: Vinte e cinco días hábiles 

  • o   Trinta ou máis anos de servizo: Vinte e seis días hábiles 

 
Período de desfrute
 

  • .      Os días referidos ao permiso por asuntos particulares por antigüidade e os días adicionais de vacacións por antigüidade, correspondentes ao ano 2015, poderán gozarse até o día 30 de abril de 2016.
     

Entrada en vigor
 

  • .    Este acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.
     

Para nós o procedemento seguido pola Xunta ten un marcado cariz electoralista no que os sindicatos, xustificándose na implícita ameaza dun posible retraso na aplicación da norma estatal, asinan un acordo que lle proporciona unha foto que o PP necesita máis que nunca.
 
O PP que ven utilizando a Mesa Xeral como un mero trámite no proceso de aprobación das normas restritivas ditaminadas até o momento, esixe das organizacións sindicais agora un acordo que non esixiu cando se recortaba.
 
Involucra, astutamente, ás organizacións sindicais asinantes nunha campaña na que semella que se devolven os dereitos recortados cando a realidade é que faltan moitos por restituír. Nós reivindicamos que se nos devolvan todos os dereitos laborais, económicos e sociais que nos roubaron. Querémolo todo! e así o sinalamos na reunión da Xunta de Persoal realizada o día 13 de outubro, na que se acordou, por unanimidade, reclamarllos á Universidade.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript