NÚMERO 289 - 19/10/2015
CUTUDC / Novidades
Un de cada catro acuíferos españois, que abastecen ao 70 % dos pequenos municipios, están contaminados con nitratos, que son nocivos para a saúde e para os ecosistemas, e é o problema máis grave e “inquietante” das augas subterráneas do país, segundo un estudo do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME).
O uso masivo
dos fertilizantes nitroxenados na agricultura é o
principal responsable desta situación, e o alcance
do problema non se cingue exclusivamente ás zonas
agrícolas, desde onde se producen as filtracións
cara ao subsolo, senón a lugares que ata a data
permanecían limpos.
Segundo os datos do estudo, o 70 % dos pobos
españois con menos de 20.000 habitantes nútrense de
augas subterráneas, polo que pode producirse un
dano enorme de forma indirecta á súa poboación. É
un problema de difícil erradicación, entre outras
razóns porque os agricultores usan cada vez máis
abonos, a rexeneración das augas tardan varias
décadas e a competencia está dispersa entre
distintas administracións.
Outra cuestión relevante é a intrusión da auga do
mar nos acuíferos da costa cando son
sobreexplotados, o que orixina a salinización da
auga doce, o que a converte en non axeitada para os
regadíos e para o abastecemento humano.
Efe
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript