Número 288 - 13 de outubro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Comisión para a elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC (CEPREA). Crónica dunha morte anunciada

    O Consello de Goberno do día 22 de xullo acordou a formación da CEPREA, comisión que tiña como finalidade a de elaborar unha proposta de racionalización das estruturas académicas (centros e departamentos) da Universidade da Coruña. A comisión, despois da reunión realizada o pasado día 9, venres, está morta, aínda que formalmente segue coas súas actuacións.

 UNIVERSIDADE
    O pasado día 6 realizouse unha reunión da Comisión de Asuntos Económicos. Aínda que non se chegou a analizar na xuntanza, remitíusenos o texto definitivo do Plan Galego de Financiamento 2016-2020, que, á súa vez enviara a Xunta de Galicia. Nós tampouco puidemos facer unha análise dos datos pero da primeira lectura queremos salientar o seguinte.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA
    O DOG do luns, 5 de outubro publicaba a LEI 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    O 8 de Outubro, como en toda Galiza, en Ferrol comezaron a quentar motores as Marchas da Dignidade camiñando cara ao 24 de Outubro en Compostela, para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices, como os do Partido Popular de Feijóo na Galiza ou de Rajoy en Madrid.
PLATAFORMA SALVEMOS CABANA

    Logo do feito comunicado polo Grupo de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esta semana, polo que a Xunta de Galicia acordou declarar a caducidade das concesións de Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater en Cabana de Bergantiños, a Plataforma Salvemos Cabana considera que non procede falar dunha 'vitoria total' no conflito mineiro cando a Administración autonónomica sacará tarde ou cedo e sen a máis mínima dúbida as citadas áreas de explotación novamente a concurso nun contexto lexislativo que posibilita que unha gran corporación cos medios económicos suficientes non atope trabas para desenvolver un novo proxecto que permita a reapertura da polémica mina de ouro.

PENSIÓNS PRIVADAS CONTRA PENSIÓNS PÚBLICAS (VÍDEO)

    A reforma do Sistema Público de Pensións, aprobada no Parlamento en novembro de 2013, desvinculou o aumento anual das pensións do incremento do custo da vida, limitando a subida anual a un miserable 0,25%.

CRISE-ESTAFA

    A Organización Internacional do Traballo (OIT) revelou este mércores que o número de traballadores pobres en España, é dicir, os que gañan menos de 60% da renda media, aumentou en máis de catro puntos entre 2000 e 2014, ao pasar de 18% a 22,2%, reportou EFE.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    O pleno do Parlamento Europeo reclamou este xoves ao Goberno de Mariano Rajoy que tome as medidas necesarias para poñer freo ao "intolerable número de desafiuzamentos" que se producen en España, á vez que pediu á Comisión Europea que vixíe que os Estados membros aplican a nova normativa europea sobre préstamos hipotecarios, para evitar abusos do sector bancario.

• OPINIÓN- Maruja Torres

    Poucas situacións máis oportunas para que a Unión Europea suspenda o acordo de Schengen -desde logo, infinitamente superior á Invasión dos Outros que tanto tememos- que o feito de que a Xustiza estea a permitir que Rodrigo Rato vaia por aí solto, co carné de identidade no peto e un iate para asucar as augas. Estes de a UE están no que están, que é un non estar en ningún sitio cando se lles necesita.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este martes desde as 19:00 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 LEXISLACIÓN
    Publicouse no BOE de 6 de Outubro de 2015 a reforma da Ley de Enjuiciamiento Civil operada por Lei 42/2015 que mais alá das importantes cuestións relativas a aspectos profesionais da xustiza ( procuradores, xustiza gratuíta, etc) penétrase en cuestións que terán importante efecto na xurisdición contencioso-administrativa.
 ANPAS GALEGAS
    O pasado 2 de outubro a Confederación ANPAS GALEGAS tivo a primeira xuntanza presencial deste novo curso escolar, deixando coma sempre transcorrer unhas semanas dende o inicio do curso para poder facer unha avaliación de como comezou, e de cales son as perspectivas que podemos albiscar con ese comezo.
 NOVO ASASINATO MACHISTA
    Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo, Pontevedra, no Barbanza e Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Vigo e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galega, convocamos hoxe concentracións en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo.
 MOVEMENTOS SOCIAIS
    As mobilizacións que se están levando a cabo contra a OTAN son, no contexto actual, un triunfo da resistencia popular contra o auxe desenfreado e criminal do imperialismo estadounidense e europeo.
     OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA
      O compañeiro Diego enfróntase a un procedemento penal por unha suposta agresión a un axente da Policía Local desta cidade. Hai uns meses, o barrio de Coia levou a cabo unha protesta, organizándose na que deu en chamarse “Asemblea aberta de Coia”, con motivo da colocación na rotonda da Avenida de Castelao do buque “Alfageme” por parte do Concello de Vigo, e o elevado e innecesario gasto público que elo significaba.
     CRISE-ESTAFA
      Eurostat, a oficina estatística comunitaria, publicou recentemente os datos de paro correspondentes ao mes de agosto no vello continente. Non se produciron cambios respecto ao mes anterior: a taxa de paro na zona euro mantense no 11 %, mentres que no conxunto da Unión Europea tamén se mantén estable no 9,5 %.
     LINGUA
      A empresa láctea galega Larsa, que até o de agora imprimía os envases dos seus coñecidos iogurtes sinalando o seu enderezo co topónimo deturpado Villagarcía de Arosa, notificou hoxe a través das redes que mudará os seus envases para pasar a utilizar o topónimo verdadeiro e orixinal de Vilagarcía de Arousa. O motivo desta mudanza é a intensa campaña a través das redes sociais que incluíron o envío de mensaxes e correos electrónicos
        CARTAS QUE RECIBIMOS

       

        

    Actuacións da Xunta de Persoal

    •   
        

    Vindeiras actuacións do Comité

       

    •   
        

    Achéganos a túa opinión

    Escríbenos ao enderezo electrónico:
    cutudc@cutudc.com

    •   
        
    •   

 

     

       
        NIN RATA NIN RATO!!!

         
          PREGUNTAS INFANTÍS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript