Número 287 - 05 de outubro de 2015
 
 

CANOSOS E DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS

A Xunta tómalle o pelo, unha vez máis, ás organizacións sindicais

    Como vos informamos no PASquín a Dirección Xeral de Función Pública reuniuse, o pasado día 2, coas organizacións sindicais para, por un lado significar que o PP xa aprobara a lei que permitía o pagamento do 26% da extra de 2012 no mes de outubro, e por outro lado sinalar a necesidade de trasladar o establecido no RDL 10/2015 á Lei do Emprego Público que este feito era a orixe da reunión pois querían saber a opinión dos sindicatos.

UNIVERSIDADE

A APA presenta o seu proxecto de Plan de Formación 2016-2020

    Ante a discusión do Plan de Formación presentado pola Xerencia pendente de negociación coa Xunta de Persoal, a APA preséntavos o seu proxecto para que sexa avaliado polo colectivo, agardamos tanto aportacións que o enriquezan como propostas de modificacións que analizaremos. Entendemos, tamén, que, unha vez analizadas as propostas de cada sindicato e agrupación electoral na Xunta de Persoal, o resultado, debe ser discutido e aprobado polo colectivo antes de negocialo coa universidade.

 UNIVERSIDADE
    O día 29 de setembro realizouse un novo Consello de Goberno. Durante o desenvolvemento da sesión pasou un pouco de todo, púxose de manifesto o desacordo entre Fisioterapia e Ciencias do Deporte a causa dun mestrado, o reitor puxo prazo para o comezo do proceso de novas eleccións a máximo representante da institución, informóusenos das protestas que, nalgún centro, realizou o persoal de limpeza e os alumnos protestaron pola precarización das bolsas.
 UNIVERSIDADE
    Atent@s como estivemos as xornadas de xerencia que se realizaron na Reitoría desde o día 29 de setembro ao 2 de outubro, asistindo a algunha das presentacións, resultounos especialmente significativo que na conferencia inaugural o sr. Santiago Lago Peñas, catedrático de Economía Aplicada y director de GEN, Universidade de Vigo, salientase a excesiva democracia coa que se abordan as tomas de decisións na universidade e o límite que isto supón para a xestión eficiente.
O PREZO DO ACTIVISMO SOCIAL NO PAÍS CENTROAMERICANO

    O cadáver de Miguel Angel Jiménez, un líder das autodefensas de México, dedicado á procura dos 43 estudantes desaparecidos en setembro de 2014 e probablemente masacrados, foi atopado o pasado sábado nun taxi abandonado nunha comunidade do estado de Guerrero (sur), segundo informou a fiscalía rexional.

PLATAFORMA A CORUÑA POLO DEREITO AO ABORTO

    O pasado 28 de setembro, Día de Acción Global por un aborto legal, seguro e gratuíto, convocadas pola Plataforma da Coruña polo Dereito ao Aborto, reclamamos publicamente os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, e ao tempo denunciamos o contido da reforma da lei do aborto.

NON Á ESCRAVITUDE

O MILAGRE DE RAJOY

    A protección aos parados redúcese a un ritmo moito maior que o paro. Se no último o desemprego baixou un 7,95%, o número de parados con dereito a prestación fíxoo un 10,4%. Os beneficiarios de prestacións por desemprego rexistrados a finais de agosto ascenderon a 2.264.215, un 10,4% menos que no mesmo mes de 2014.

• OPINIÓN- Isaac Rosa

    Asómbrame a carreira delituosa de Rodrigo Rato, e pregúntome ata onde chegaría se non lle paran os pés. Como aquilo de Thomas de Quincey de que un empeza por asasinar, logo dálle por roubar e acaba por non dar os bos días, Intre comezou polo branqueo de capitais e podía terminar arramplando a propína dos pratos ao saír do restaurante.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19:00 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O Parlamento galego aprobou o 29 setembro, mediante o procedemento de lectura única, cos votos do PP e coa abstención de AGE, PSdeG e BNG, e o rexeitamento do Grupo Mixto, o proxecto de lei da Xunta que prevé devolver, "na nómina de outubro", parte da paga extra retirada en 2012 polo Goberno central e autonómico aos empregados públicos. Por outra banda Función Pública reuniuse cos sindicatos o pasado venres, día 2, para tratar sobre os canosos e días adicionais de vacacións por antigüidade. Ao peche do PASquín aínda non coñeciamos o tratado en dita reunión da que vos informaremos.
 SENTENZA
    O Tribunal Constitucional dita sentenza de inconstitucionalidade pola privatización por decreto-lei do Rexistro Civil aprobado polo PP e mediante o que o Goberno atribuíu a súa xestión aos rexistradores da propiedade e mercantís, procedendo, deste xeito, á privatizar este servizo público
 MOVEMENTOS SOCIAIS
    Activistas españois manifestáronse este sábado contra os exercicios militares da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en España. “Negámonos a ser cómplices das masacres cometidas en beneficio do imperialismo norteamericano”, dixo a Plataforma anti-OTAN de Zaragoza nun comunicado.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA
    Deixamos un texto de Alicia Alonso para traballar non vindeiro encontro de Baladre que se vai celebrar en Murcia do 8 ao 11 de outubro.
 UNIVERSIDADES - RECORTES
    As universidades arrincaron o curso cun lixeiro aumento do orzamento, de 140 millóns, que está moi lonxe de compensar o forte descenso que experimentou a institución no últimos cinco anos. De feito, pese ao ascenso do financiamento, as universidades contan hoxe con 1.384 millóns de euros menos que en 2010, pasando dos 10.118 millóns de euros aos 8.734
 LINGUA - Francisco Fernández Rei
    Na noite do mércores 23 chamoume un compañeiro para que lle confirmase o teu falecemento, seica a noticia se espallara nas redes sociais e na prensa dixital. Deixoume frío e mudo; reaccionei e díxenlle que non sabía nada, nin sequera que estiveses enfermo, que te vira moi ben a última vez que nos encontramos, xa xubilado, andando entre Panxón, Pozuelo e Guadalajara, e metido na leria de redactares unhas memorias.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        A NOVA SANIDADE PÚBLICA

         
          PINTADA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript