NÚMERO 286 - 28/09/2015
CUTUDC / Novidades
Continuando co seu calendario de mobilizacións, o pasado día 24, as traballadoras e traballadores da xefatura territorial de A Coruña da consellería de Traballo e Benestar volveron a concentrarse, esta vez na entradado Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en defensa dos servizos públicos e para reclamar o cumprimento íntegro do Convenio Único do Persoal Laboral..
O motivo de
ditas CONCENTRACIÓNS é demandar á
Xunta de Galicia a defensa dos servizos sociais,
contra os recortes en atención directa e contra a
privatización. Denunciando as especiais condicións
de traballo do persoal dos centros de Residencias
de Maiores, centros de Menores e CAPD A Coruña,
especialmente as derivadas da anulación do artg. 19
do Convenio Único do Persoal Laboral que ao estar
suprimido pola Xunta, impide a compensación en
descanso do traballo en domingos e festivos."
=> DIFUNDE E PARTICIPA !!!
=> POLA RECUPERACIÓN DO ARTG. 19 E AS COMPENSACIÓNS
POR TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS!!!
=> CONTRA OS RECORTES DE MEDIOS MATERIAS E DE
PERSOAL NOS CENTROS DE BENESTAR!!!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript