NÚMERO 286 - 28/09/2015
CUTUDC / Novidades
O día 25 realizáronse na práctica totalidade de cidades galegas concentracións e manifestacións para protestar contra un sistema que nolo quita todo, educación, sanidade, vivenda... e que acaba condenando ao suicidio a un número cada vez maior de homes e mulleres que ven truncadas todas as súas expectativas vitais. Este é o caso de Carlos Midón compañeiro de STOP Desafiuzamentos de Compostela que se suicidou ao cumprirse un ano do desafiuzamento da súa familia no lugar de Aríns.
Ao rematar a
manifestación leuse o seguinte manifesto.
"Ao comezo desta semana, ven marcada pola morte.
Todas as semanas que vivimos veñen marcadas polo
imperio tanático que adoita diversas facianas: o
feminicidio constante nun sistema que nos quere
desposuídas e escravas, a guerra transterritorial
que agroma en forma de emigracións da necesidade e
fuxidas do terror, o asesinato estructural que se
da en chamar suicidio.
A atrocidade do sistema imperante mostra coma súa
forma de pervivencia baséase na presión constante
sobre xs desposuídxs. Na falta de recursos e
posibilidades reais de supervivencia. Así coma na
agresión continúa en forma de desafiuzamentos, de
carencia vivencial severa e da presión social que
no caso de Carlos Midón tivo o tráxico desenlace do
seu suicidio ante a imposibilidade de poder
realizar seu proxecto vital e o dos seus. Cepción
coma tantas outras persoas e familias ao longo do
Estado de excepción permanente que se da en chamar
España.
Intentan infravalorarnos converténdonos nunha
estatística desposuída de vida, acumulada en
caixóns e radiada con desapego nos diversos medios
de comunicación. Detrás de cada número, de cada
taxa de pobreza, hai vidas, relatos do amor,
historias comúns de loita e sufrimento. Por iso
hoxe estamos aquí reunidas e reunidos, non so por
solidariedade, nin por protestar ante un sistema
inxusto, falto de equidade que nos condena á
competición, á desconfianza e o odio case que dende
o momento que vimos ao mundo e nos educamos nas
institucións sociais que lle dan forma.
Hoxe desprezamos seu relato, súas formas e sentido
común berrando “NO SON SUICIDIOS ,SON ASASINATOS”
convertémonos nun corpo social, coordinado,
solidario e rabudo. Dende Ferrolterra, Lugo,
Ourense, Vigo, Compostela, A Coruña todos e cada un
dos recunchos da Galiza non so berran, se non que
constitúense nunha masa social heteroxénea e
consciente do seu poder. Por moita pobreza a que
nos queiran condenar, vexacións en servizos
sociais, acoso bancario, inclemencia habitacional e
un inesgotable listado de agresións que pasan por
ser política cando son o dominio do opresor
neoliberal. Nos mantémonos en pe. Loitamos e
conquistamos.
Porque seu sistema é nosa morte. Súa riqueza, nosa
carencia. Ao berro de NON SON SUICIDIOS, SON
ASASINATOS seu reinado remata no mesmo instante que
todo o mundo os olla espidos de dignidade e
cargados de inxustiza. PORQUE NESTA CIDADE NON SE
DESAHUCIA. NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA…"
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript