Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 286 - 28/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - ESTAFA
 

España, o país da OCDE coa maior taxa de mozos precarios e explotados

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) asegurou que España é, dos países considerados desenvolvidos, o que ten máis número de mozos empregados en traballos precarios e temporais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Se vives en España, non cumpriches os 25 anos e traballas, tes o 71 por cento de posibilidades de ter un traballo temporal e precario. Son xornadas dunhas poucas horas ao día, de ao redor de 15 horas á semana que se pagan ao redor duns 400 euros ao mes. Un soldo que non dá para vivir e que non sempre se complementa con outros ingresos.
 
A OCDE alerta ao Goberno español do perigo que ten este tecido laboral no que o traballo se converteu máis nun privilexio que nun dereito.
 
Ademais a organización alerta de que os mozos españois tardan 6 anos de media en atopar un traballo. A porcentaxe de mozas que nin estudan nin traballan chegou ao 20 por cento, e di a OCDE que non se debe a que sexan vagos senón que xa estudaron todo o estudiable e ninguén lles ofrece a oportunidade de traballar.
 
A OCDE pídelle ao Goberno español que non venda unha recuperación económica sen mellorar a transición dos mozos desde o sistema educativo a un traballo estable, e pídelle tamén que non se esqueza dos traballadores altamente cualificados que están no paro.
 
Rafael González Pérez/HispanTV

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript