Número 286 - 28 de setembro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Constituída a Comisión encargada de elaborar o plan de fusións de centros e departamentos

    O pasado venres, día 25 constituíuse a Comisión para a elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC encargada de elaborar o proxecto de fusión de centros e departamentos que, posteriormente, será discutido e, se é o caso, aprobado no Consello de Goberno.

 UNIVERSIDADE
    O vindeiro martes, 29 de setembro, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. xuntamos a orde do día da sesión e poñémonos á vosa disposición para trasladar, na reunión, as vosas inquedanzas.
STOP DESAFIUZAMENTOS

    O día 25 realizáronse na práctica totalidade de cidades galegas concentracións e manifestacións para protestar contra un sistema que nolo quita todo, educación, sanidade, vivenda... e que acaba condenando ao suicidio a un número cada vez maior de homes e mulleres que ven truncadas todas as súas expectativas vitais. Este é o caso de Carlos Midón compañeiro de STOP Desafiuzamentos de Compostela que se suicidou ao cumprirse un ano do desafiuzamento da súa familia no lugar de Aríns.

PLATAFORMA A CORUÑA POLO DEREITO AO ABORTO

    Facemos un chamamento a toda a cidadanía galega a tomar as rúas o vindeiro luns 28 de setembro, Día Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuito, participando nas mobilizacións convocadas en distintas comarcas do país pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto.

MÁIS CORRUPCIÓN

    O outro día facíase público que a depuradora de augas residuais de Ferrol (que obtivera numerosos premios e suposto un cuantioso investimento) non funcionara nunca; a pesar de que a concesionaria do servizo cobraba aos cidadáns devandito servizo e a pesar tamén de que presumía do seu funcionamento.

ANIVERSARIO DA UNIDADE NACIONAL SAHARAUÍ

    A Comunidade Saharauí en Gran Canaria (AISOC), a Coordinadora Sindical Canaria de Apoio ao Pobo Saharauí (COSCAPS) e a Delegación da Fronte Polisario en Canarias realizaron un chamamento ás organizacións sociais e a poboación en xeral á conmemoración do 12 de outubro, 40 Aniversario da Unidade Nacional Saharauí que terá lugar nas Palmas de G.C.

CRISE - ESTAFA

    A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) asegurou que España é, dos países considerados desenvolvidos, o que ten máis número de mozos empregados en traballos precarios e temporais.

SANIDADE

    O presidente da Organización Médica Colexial (OMC), Juan José Rodríguez Sendín, criticou o tratado de libre comercio que están a negociar “de forma opaca” a Unión Europea e Estados Unidos xa que pode abrir a porta a unha “progresiva privatización” da sanidade e “pór en risco a saúde dos cidadáns”.

• CRISE - ESTAFA

    Novo golpe, un máis, da ONU e os organismos internacionais, ao suposto estado de benestar e de recuperación económica que leva 4 anos vendendo o goberno de Mariano Rajoy.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18:00 até as 19:30 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós. Modificamos e reducimos, nesta ocasión, o horario para participar, ás 20:00 horas na concentración convocada para reivindicar o aborto legal seguro e gratuíto.
 TRABALLO E BENESTAR
    Continuando co seu calendario de mobilizacións, o pasado día 24, as traballadoras e traballadores da xefatura territorial de A Coruña da consellería de Traballo e Benestar volveron a concentrarse, esta vez na entradado Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en defensa dos servizos públicos e para reclamar o cumprimento íntegro do Convenio Único do Persoal Laboral..
 CONSUMO - SOCIEDADE
    Unha investigación da axencia de medioambiente norteamericana (EPA), demostra que o maior fabricante de vehículos do mundo, Volkswagen, instalou software nos seus vehículos destinado a facer trampas nos controis de niveis de emisións que a axencia leva a cabo rutinariamente en todos os vehículos.
 SOCIEDADE
    Cando termine o 2015 morrerían 5,9 millóns de nenos menores de cinco anos por causas evitables.
 SOCIEDADE
    Sabemos que estamos vixiados a través dos miles de datos que lanzan os nosos móbiles, computadores ou cartóns de consumo. Pero non lle damos importancia porque non facemos nada ilegal e, por tanto, non temos nada que ocultar.
 AYOTZINAPA - MEXICO
    Reestruturar a investigación ao redor da desaparición dos estudantes da escola rural de Ayotzinapa, en Iguala, a fin de dar co seu paradoiro será a principal esixencia que farán os pais dos normalistas ao presidente mexicano, Enrique Peña Nieto, con quen se reunirán este xoves, por segunda vez desde que ocorreu o suceso.
 LINGUA - ProLingua
    Chámase este espazo Voces e a nosa está afónica. O alumnado de Galego en Madrid está canso de intentar a comunicación coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e de obter respostas confusas e contraditorias, cando non o silencio.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        CORRUPCIÓN

         
          EMPRESARIOS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript