Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 286 - 28/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Constituída a Comisión encargada de elaborar o plan de fusións de centros e departamentos

O pasado venres, día 25 constituíuse a Comisión para a elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC encargada de elaborar o proxecto de fusión de centros e departamentos que, posteriormente, será discutido e, se é o caso, aprobado no Consello de Goberno.

 

 

O vicerreitor de Profesorado, presidente da Comisión, presentou o proxecto como un documento de traballo, aberto á participación da Comunidade Universitaria e, especialmente da súa representación sindical.
 
Sinalou
tamén que, aprobados os criterios, pasarán a se expoñer publicamente para que se realicen as alegacións correspondentes que, unha vez analizadas pola Comisión pasarán a se aprobar no Consello de Goberno.  O Consello de goberno analizará non só os acordos da Comisión, tamén avaliará as alegacións presentadas, tendo este órgano a última decisión.
 
Despois da presentación abriuse unha quenda de intervencións na que tanto Xosé Portela como Nuria Vieira puxeron de manifesto que:
 
Non cabe dúbida de que a situación económica condiciona a presentación desta proposta. Pónsenos enriba da mesa un plan de “racionalización” que non se pode desenvolver exclusivamente coa óptica de aforrar. A neolíngua, estendida no discurso político non pode ser utilizada neste procedemento.
 
Segundo indicaron os seus representantes, o PAS xa sabe o que é optimizar e fusionar, de iso son boa mostra tanto as UADIs como as UXAIs, bibliotecas, servizos informáticos.... Pretendemos, coa nosa presenza, evitar que as decisións da Comisión supoñan un corsé que impida ou limite, no caso de que se acorden fusións que afecten ao noso colectivo, a negociación, tanto co Comité e Empresa como coa Xunta de Persoal, que son os únicos órganos lexitimados para negociar e, se fose o caso, chegar a acordos.
 
Queremos que a universidade ofreza o mellor servizo posible á sociedade. Se se pon enriba da mesa a elaboración dunha nova estrutura da universidade o PAS quere participar nese proxecto. O que non se nos pode convencer é de que hai que facer máis con menos.
 
Do proxecto que comeza a andar preocúpanos como representantes das traballadoras e traballadores, aparte de conseguir o obxectivo sinalado,
o contido no punto 11 EFECTOS DA PROPOSTA DE RACIONALIZACIÓN DAS ESTRUTURAS ACADÉMICAS DA UDC. Máis concretamente no contemplado no punto 11.1 Persoal de Administración e Servizos.
 
Poñémonos á disposición d@s traballador@s para recoller e transmitir todas as apreciacións que consideredes a este documento.
 
Seguiremos informando
 
Proposta e composición da Comisión
 
Memoria do Plan Director de Racionalización de Estruturas Académicas da UDC

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript