Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 286 - 28/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - ESTAFA
 

A ONU cuestiona a recuperación de Rajoy

Novo golpe, un máis, da ONU e os organismos internacionais, ao suposto estado de benestar e de recuperación económica que leva 4 anos vendendo o goberno de Mariano Rajoy.

 

  • Noticias relacionadas

 

Este fin de semana en Nova York os países membros da ONU ratificarán os chamados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), que aspiran a facer do mundo antes de 2030 un lugar menos pobre e onde, por primeira vez, serán de obrigada implantación no ámbito nacional.
 
Aproveitando a reunión, Unicef e Intermón Oxfam presentaron este xoves un informe no que denuncian a situación de España ao afirmar que "as secuelas da crise e os retrocesos en materia social, económica e ambiental vividos en España nos últimos anos lastran ao país".
 
Para combater esta situación, os organismos, seguindo as pautas da ONU afirman que España deberá, antes do ano 2030, reducir a menos de cinco millóns as persoas con risco de pobreza ou exclusión social, fronte ás actuais  13,4 millóns de persoas que ven forzadas a esta situación debido á ineficacia das políticas económicas e laborais do goberno, e debido para os efectos da crúa crise económica que parece non ter fin no noso país.
 
Para combater esta situación no noso país, a ONU marca como necesario un programa centrado, entre outros, en:
 
-Eliminar a pobreza (España poderá ter un máximo de cinco millóns de pobres, fronte aos 13 actuais).
 
-Saúde e benestar (garantindo para iso  a universalidade da cobertura sanitaria e a porcentaxe do gasto público destinado a financiar servizos privados de sanidade).
 
-Educación (garantindo unha educación inclusiva, equitativa e de calidade).
 
-Igualdade de xénero ( fomentando a igualdade entre os xéneros, o fin ás discriminacións e eliminar todo topo de violencia contra as mulleres).
 
-Desigualdade ( reducindo a desigualdade económica en e entre os países, e que en España é especialmente escandaloso, pois  o 10% dos cidadáns máis ricos posúen o 24,75 da riqueza, mentres que o 40% máis pobre ostenta o 18,1%).

Fonte; Insurgente.
 
Menea e vencerás...

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript