Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 286 - 28/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA A CORUÑA POLO DEREITO AO ABORTO
 

Por un aborto legal, seguro e gratuíto. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos

Facemos un chamamento a toda a cidadanía galega a tomar as rúas o vindeiro luns 28 de setembro, Día Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuito, participando nas mobilizacións convocadas en distintas comarcas do país pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ás 20 horas, nas localidades que se sinalan no cartel amosaremos o noso rexeitamento á lei que desposúe ás mozas do seu dereito a decidir interromper o seu embarazo, aprobada polo PP para contentar ao seu electorado máis conservador, agora que estamos ás portas das eleccións xerais. Ao tempo, reivindicaremos os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, identificando aqueles que existen no marco legal, mais na práctica non se están a garantir.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript