NÚMERO 286 - 28/09/2015
CUTUDC / Novidades
Unha investigación da axencia de medioambiente norteamericana (EPA), demostra que o maior fabricante de vehículos do mundo, Volkswagen, instalou software nos seus vehículos destinado a facer trampas nos controis de niveis de emisións que a axencia leva a cabo rutinariamente en todos os vehículos.
O software era
capaz de detectar cando un vehículo estaba a ser
sometido a probas e, ao facelo, poñíao nun
modo de baixas prestacións co que era capaz de
cumprir coas especificacións, pero que non era o
utilizado na condución normal. No modo normal
de condución, con todas as súas prestacións, os
niveis de emisión de óxidos de nitróxeno,
responsables de importantes problemas
respiratorios,
multiplicaban por corenta os límites legais
establecidos pola
Clean Air Act estadounidense.
A manobra afecta a todos os vehículos diesel dos
modelos Jetta, Beetle e Golf entre 2009 e 2014, o
Passat de 2014 e 2015, e o Audi A3 de entre 2009 e
2015. A compañía admitiu a instalación do software,
e enfróntase agora á máis que probable necesidade
de ter que requirir aos propietarios deses
vehículos, estimados en case medio millón, para ser
arranxados de maneira gratuíta para o usuario, así
como a unha multa que podería chegar a alcanzar a
sanción máxima da EPA por vehículo, teoricamente
ata 18.000 millóns de dólares. A reparación, doutra
banda, non parece que poida facer moito máis que
fixar as prestacións do vehículo nun modo tal que
poidan cumprir os estándares de emisións, o que
levará que os propietarios pasen a ter unha
experiencia de condución con prestacións máis
baixas que as que estaban afeitos gozar.
A cuestión excede todos os límites da ética
empresarial: preparar un software suficientemente
sofisticado como para detectar que o vehículo está
a ser sometido a un test de emisións (xornal e
similar á ITV española), que pon o vehículo nun
modo de baixas emisións que unicamente é utilizado
nese contexto, para despois devolvelo ao modo
contaminante e seguir tan tranquilo circulando e
emitindo corenta veces as cantidades permitidas é
unha situación completamente incomprensible, que
condiciona o beneficio empresarial á saúde das
persoas, á violación das leis, á conservación do
planeta e á os límites da lóxica.
Como uso imaxinativo do software, non está nada
mal. O descubrimento da EPA non admite discusión:
de ningún xeito puido ser un bug, un erro ou
un problema non detectado, senón un acto
completamente premeditado, que a marca tivo que
admitir. É, literalmente, que che pillen facendo as
peores trampas, e que ademais as trampas non sexan
nunha cuestión marxinal, senón no máis importante
daquilo ao que te dedicas. Con isto, Volkswagen non
só demostra que os seus vehículos son incapaces de
ser competitivos cumprindo as normas, senón que
ademais, están dispostos a enganar vilmente a
propietarios e autoridades para vender por encima
de todo. Ademais da multa, o equipo de enxeñeiros
que tivo a idea debería, xunto con toda a cadea de
mando que decidiu aprobar a decisión, podrecer na
máis negro dos cárceres.
Parabéns, Volkswagen: un vehículo que se pon en
modo “ecolóxico” cando detecta que o van a someter
a unha proba de emisións. Impresionante. Eu cría
que o concepto de vehículo “intelixente” era outra
cousa…
ACTUALIZACIÓN (22/09): Volkswagen vese
obrigada a admitir que os vehículos afectados non
son só o medio millón de unidades vendidas nos
Estados Unidos, senón máis de once millóns en todo
o mundo.
ACTUALIZACIÓN (23/09): o CEO de Volkswagen,
Martin Winterkorn,
dimite tras o escándalo.
Enrique Dans
This article is also available in English in my
Medium page, “Volkswagen
master class in business ethics“
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript