Número 283 - 07 de setembro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

PAS - moitas cousas pendentes

    Comeza o novo curso académico e, como colectivo, a catro meses para rematar o ano e se realice a elección de novo reitor, temos moitas e importantes cousas “pendentes”.

 UNIVERSIDADE
    De todas coñecida a situación económica pola que atravesa a universidade debido ao “desfase orzamentario” orixinado pola diferenza entre Xunta de Galicia e UDC á hora de interpretar o Plan de Financiamento.
UNIVERSIDADE

    Na última reunión da Comisión de Asuntos Económicos delegada do Consello de Goberno realizada o pasado 29 de xullo transmitíusenos a proposta de indicadores para a medición dos resultados do SUG que vos xuntamos.

UNIVERSIDADES

    A Secretaría Xeral de Universidades no exercicio das súas competencias e de acordo co establecido no parágrafo 3 do artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación co disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, inicia o trámite de información pública do Proxecto de decreto polo que se regula a inspección no ámbito universitario na Comunidade autónoma de Galicia, mediante a súa exposición na páxina web desta consellería, durante un período de quince días hábiles.

TRABALLO E BENESTAR

    O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña chama á participación do persoal laboral nas mobilizacións convocadas coa finalidade de loitar pola recuperación do artigo 19 do Convenio colectivo e contra os recortes de medios e persoal nos nosos centros.

MOVEMENTOS SOCIAIS

    A galega Pepa Noia (Josefina García de Noia) foi a primeira nai en chegar o 30 de abril do 1977 á Plaza de Maio arxentina. As Madres de la Plaza de Mayo organizáranse nun tempo moi difícil, en plena ditadura de Videla, con gardas na emblemática praza para demandar a recuperación con vida das súas fillas e fillos "desaparecidas" e, xa posteriormente, ante o desacougo, protagonistas dunha das máis agridoces expresións de digna rabia, para esixir o xulgamento dos responsábeis políticos daquelas desaparicións e matanzas.

LABORAL

    O DOG publicou nas súas páxinas o Decreto 101/2015, do 18 de xuño. A través desta ferramenta lexislativa vénse de crear a Comisión Tripartita Galega para a inaplicación de Convenios Colectivos, e vén regular o seu funcionamento. A comisión, como o están outras, estarán representada pola Administración, a patronal e as organizacións sindicais máis representativas.

ENSINO - CRISE

    Segundo os datos achegados pola CEAPA (Confederación de Pais de Alumnos) un terzo das familias non poderán facer fronte ao gasto que supón a volta ao cole. A suba do IVE do material escolar e do IPC dos libros, a retirada de axudas por parte das institucións ou a obriga de comprar novos libros pola LOMCE son algúns dos motivos.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    A mesma Merkel onte desapiadada cos gregos hoxe abre os brazos aos refuxiados? O en ambos os dous casos defende os intereses alemáns?

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19:00 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE
    A Lei do Emprego Público incorporan normas novas que nos son de aplicación ao PAS da Universidade da Coruña. A concreción dalgunha delas precisa do acordo entre a Universidade e a Xunta de Persoal-Comité de Empresa..
 PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS DO ESTADO
    No último PASquín que publicamos antes das “vacacións” informabámosvos de que en Madrid os sindicatos maioritarios e o goberno cociñaban un acordo para que o PP se presentase ás eleccións de decembro correndo un tupido velo sobre os anos de recortes, descrédito, desprezo... que desde o poder político despregaron contra todas e todos as traballadoras e traballadores da administración pública.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    Xa vai máis dun ano dende que as Marchas da Dignidade comezamos a mobilizarnos para reclamar Pan, Traballo e Teito. O 22 de marzo de 2014 xuntármonos máis dun millón de persoas en Madrid, o 29 de novembro pasado, en Galiza, enchermos a Praza do Obradoiro, e o 21 de marzo deste ano volveuse convocar unha gran manifestación en Madrid.
 NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
    Dende o sindicalismo de clase estamos en posición de asegurar que as "crises migratorias" non existen. Para o dicionario da RAG, crise significa "Momento grave, situación difícil pola que atravesa momentaneamente alguén ou algo que está en evolución, como unha empresa, un país, unha situación etc".
 LABORAL - ECONOMÍA
    As maiores fortunas españolas, xestionadas a través das chamadas Sociedades de Investimento de Capital Variable (Sicav), aumentaron un 7,3% no primeiro semestre deste ano, respecto ao peche de 2014, e aproximouse a 4.300 millóns de euros, cun rendemento medio do 7,7%.
 LINGUA - Cibrán Arxibai
    Afirma a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) que incrementou a oferta de 30 cursos de lingua preparatorios do CELGA. Sabendo que o incremento foi de 30 cursos, podemos preguntarnos a canto ascenderá o total. A 100?, quizais a 130?. Mesmo neste caso falariamos dun incremento ben importante, dun 30%. Ao lermos o corpo da noticia ficaremos desconcertados xa que o total ascende a 30. Neste 2015 aínda non se convocaran cursos preparatorios do Celga.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      NOVO MERCADO LABORAL

       
        LACRAS DE GALICIA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript