NÚMERO 282 - 20/07/2015
CUTUDC / Novidades
Miguel era un interno do centro penitenciario. Contan que naceu en Úbeda e que tiña 53 anos. Onte apareceu morto na enfermaría da prisión. Cando, ás 7:55 horas, os funcionarios comezaron o reconto, encontráronseo morto na cama.
Levaba en
folga de fame desde maio, que foi cando entrou no
cárcere. Fora condenado polo Xulgado do Penal
número 3 por un delito de resistencia á autoridade.
Se todo marchaba ben, a súa estanza na prisión
debía de ser fugaz, xa que tiña que pasar 10 meses
para cumprir a súa condena. A teor do que teñen por
diante moitos dos seus compañeiros, nada grave.
Non obstante, Miguel sempre pensou que era un
castigo inxusto. Uns meses antes, xa estivo interno
en prisión preventiva, aínda que o xulgado decretou
a súa posta en liberdade ata que se celebrase o
xuízo. Durante ese tempo, nin comía, nin falaba. Se
necesitaba algo urxente dun funcionario, escribíao.
Ademais, a súa folga de fame era tan singular que
non a comunicaba ao centro. Foi o persoal médico da
prisión o que detectou o que lle acontecía nun dos
controis. En maio, volveu á prisión e, outra vez,
deixou de comer e de falar. Xa o coñecían da outra
vez, polo que estiveron atentos e constataron que
repetía as pautas de comportamento anteriores.
Estivo ingresado en xuño no hospital ao agravarse o
seu estado de saúde. Todos os protocolos
activáronse para que o Xulgado de Vixilancia
Penitenciaria autorizase a súa alimentación -en
contra da súa vontade. En cambio, cando pasou uns
días na planta do Complexo Hospitalario, si que
volveu comer. Recuperouse no hospital e volveu á
prisión, pero, cando se viu alí, outra vez, deixou
de inxerir alimentos. Tampouco o dixo, polo que os
seus controis médicos e visitas ao Complexo
Hospitalario de Xaén se fixeron frecuentes. De
feito, volveu ao hospital.
O martes pola mañá, foi dado de alta. Ingresou no
centro penitenciario, aínda que, durante a noite,
volveu ao Complexo Hospitalario porque os médicos
da prisión viron que a súa saúde era moi débil. Ás
dúas da madrugada, unha ambulancia tróuxoo de
regreso ao cárcere. Onte, ás 7:55 horas, os
funcionarios encontrárono morto nunha das camas da
enfermaría mentres facían o reconto.
http://www.diariojaen.es/jaen/item/80020-muere-un-preso-que-estaba-en-la-carcel-en-huelga-de-hambre
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript