Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 282 - 20/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  AGRO
 

Pola supervivencia do sector lácteo galego

A CUT observa con simpatía o proceso de acumulación de forzas no agro galego a prol da supervivencia do sector lácteo, que empezou a roldar na manifestación nacional realizada o pasado venres 17 de xullo ás 12 horas dende a explanada de Salgueiriños, na cidade de Compostela. Por iso mesmo chamaou ás traballadoras e traballadores a participar activa e solidarimente nesta convocatoria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Neste sentido, o documento presentado polas organizacións agrarias titulado "Propostas para a supervivencia do sector lácteo galego" vén transformarse nunha achega de obrigada obediencia para garantir non só o futuro e a estabilidade da produción e da vida no ámbito rural galego, senón que tamén se converte nunha das bandeiras esenciais á hora de establecer as tan necesarias pautas mínimas de defensa do noso País.
 
Nun contexto de cegueira extrema no que o mandato dos poderes fácticos é o de apretar aínda máis a corda que esgaza a nosa economía e o noso tecido produtivo, a unidade popular seguirá sendo a resposta.

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript