Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 282 - 20/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

De rankings e produción científica

Limos na prensa dúas noticias sobre as que convén reflexionar. Por un lado que A Universidade da Coruña, penúltima entre 1.000 universidades do mundo. Por outro lado, A Universidade coruñesa duplica a media galega de aumento de produción científica

 

 

Somos conscientes de que nos rankings a UDC non brilla precisamente pero non cremos que a súa falta de esplendor chegue a ese estremo. A débil posición nos marcadores é a parte máis feble da Universidade da Coruña, sen Campus de Excelencia e posicionada nos postos baixos dos rankings estatais e internacionais ten moi difícil competir coa USC e a UVigo no plan de financiamento por ese fondo que prima precisamente “os resultados”.
 
Na outra noticia, aplicando unha simple resta decatámonos da inmensa diferenza que existe entre as universidades USC/UVigo e a UDC. Se a produción científica da Universidade da Coruña se situou, como sinala o artigo en 631 artigos publicados
e, en total a produción das tres universidades galegas foi de 3.351 publicacións (3.351-631=2750) As outras dúas universidades producen 4,31 veces máis que a UDC. Por outro lado na mesma noticia sinálase que a produción científica na última década da Universidade da Coruña con respecto á das universidades galegas medrou, un 5%, pasando do 13,54%, en 2004 ao 18,88% en 2013, pouco para estar orgullos@s.

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript