NÚMERO 282 - 20/07/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado día 15 reuníronse os reitores das tres universidade públicas de Galiza co conselleiro de Facenda e o de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para tratar sobre o Plan de Financiación Universitaria 2016-2020. Ao remate da reunión avanzaron que o novo plan estará dotado de 2.470 millóns de euros, un 17,3% más que el anterior.
O conselleiro
de Cultura sinalou que se incrementan nun 5% as
contías das partidas propias do Plan xa desde o
primeiro ano, ao pasar de 374,22 millóns de euros
en 2015 a 393,44 millóns en 2016 e que as partidas
son susceptibles de ser ampliadas por cada
universidade mediante a captación de recursos
externos.
Segundo transcendeu da xuntanza o financiamento
estrutural representará inicialmente
o 66,6% do total e partirá dunha
base de 237,75 millóns de euros para o
vindeiro ano 2016. Neste fondo reflíctese o
custo estimado das necesidades de persoal docente e
de administración e servizos para a prestación dos
servizos dun xeito eficiente, partindo de criterios
de “custo estándar da docencia”. O importe de dito
custo calcúlase en función do número de alumnado
matriculado en cada materia de grao e mestrado. O
propio conselleiro sinalou que “se eliminan os
criterios históricos, e o alumnado real, xunto coa
oferta de créditos matriculados, convértese no
criterio básico deste fondo”.
O financiamento por resultados representará
inicialmente o 33,4% do financiamento
restante, aínda que o obxectivo final é ir acadando
de xeito progresivo o 40% do total en función da
evolución de indicadores académicos, de
investigación e de transferencia.
Ao remate da reunión o reitor da USC, exercendo de
portavoz do resto de reitores, agradeceu o esforzo
da Xunta sinalando, non obstante, que o plan
requiría dunha análise pormenorizada para poder
facer un pronunciamento.
Non obstante este pronunciamento o vicerreitor de
Comunicación e Coordinación da USC valorou en
Radio Obradoiro que
"polo que temos que preocuparnos agora é pola
eficiencia e a calidade". Insiste en que para a
institución académica compostelá un bo reparto dos
fondos sería a aquel que estivera "fundamentado nos
resultados". No novo plan, estes teñen un peso do
33%. Pereira recoñecía que "nós aspirabamos a un
50% e incluso máis".
Significar que o plan contempla unha cantidade
global de 2.470 millóns de euros. Todo o diñeiro
que pase a formar parte do fondo “por resultados”
detráese do “fondo estrutural”, a parte que
asegura, entre outras cousas, a satisfacción das
necesidades de persoal.
Reivindicamos unha universidade galega, pública
e de calidade, polo tanto, a Xunta está obrigada a
dotar ás universidades públicas galegas do
financiamento necesario para o cumprimento desa
finalidade.
Plan de Financiación Universitaria
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript