NÚMERO 282 - 20/07/2015
CUTUDC / Novidades
Estamos en campaña preelectoral, aos primeiros globos sonda, ás afirmacións e posteriores desmentidos para ver como está o mercado do voto, seguen agora as propostas en firme, para iso que mellor que rodearse cos sindicatos afíns que permitirán, a baixo prezo, aparecer nunha foto que valerá ouro na campaña electora. Os sindicatos do sistema xa se reunen con facenda para “negociar” pero que se está a negociar?.
A recuperación
do 75% da paga extra de 2012 que se presentará como
unha magnífica concesión cando xa van tres anos
desde que nola roubaron. Ademais, que lla devolvan
@s traballador@s da administración central non
asegura que Feijóo sega o exemplo, fíxoo e faino co
recorte salarial e nada asegura que siga as
directrices do goberno central.
Cando xa nos recortaron arredor do 30% do noso
poder adquisitivo, segundo parece a subida que se
está a negociar está entre o 0,5 e o 1,5%,
suficiente?. Para nós ridícula e, de asinarse,
representará unha baixada máis de pantalóns dos
sindicatos que acudirán submisos a facerse a foto
coa reprobación xeneralizada d@s traballador@s da
Administración Pública.
A cambio da submisión, tamén nos venderán algún día
máis de “asuntos particulares”.
Pensamos que só recuperaremos o que nos roubaron se
presionamos de verdade e con persistencia tanto ao
goberno central como ao autonómico poñendo a nosa
dignidade por riba dunhas poucas migallas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript