NÚMERO 282 - 20/07/2015
CUTUDC / Novidades
As plataformas locais e comarcais das Marchas da Dignidade en todo o país déronse cita hai uns días en Compostela para programar a folla de ruta para o mes de outubro. Logo dun amplo debate, e a inclusión de diversas propostas, decidiuse convocar unha gran mobilización nacional o sábado 24 de outubro ás 12 da mañá.
Asemade, coa
intención de ir quecendo motores, quedaron fixadas
tamén varias manifestacións simultáneas nas cidades
de Ferrol, A Coruña, Lugo, Compostela, Ourense,
Pontevedra e Vigo que transcorrerán polas rúas
reclamando pan, traballo e teito o xoves 8 de
outubro.
Cómpre mencionar, tanto de cara ó programa de
outubro como para as actuacións posteriores a nivel
nacional e estatal, a data do 19 de setembro. Nesa
altura celebrarase a II Asemblea Nacional Galega
das Marchas da Dignidade na cidade da Coruña á que
están convidadas tódalas agrupacións e movementos
sociais das diferentes plataformas comarcais. Os
colectivos e movementos sociais convocantes
recalcan a importancia deste conclave para facer
emerxer a loita na rúa tralo período estival e coa
intención de levar a cabo un cambio social efectivo
que non se constatará unicamente co cambio de cor
política de certos concellos.
Secundamos, por suposto, os novos escenarios
abertos tralos comicios municipais e animamos a
seguir diversificando e ampliando as mobilizacións.
Esta é unha loita anti-sistémica.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript