Número 282 - 20 de xullo de 2015
 
 

VOLVEMOS EN SETEMBRO

UNIVERSIDADE

Plan de Financiación 2016-2020

    O pasado día 15 reuníronse os reitores das tres universidade públicas de Galiza co conselleiro de Facenda e o de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para tratar sobre o Plan de Financiación Universitaria 2016-2020. Ao remate da reunión avanzaron que o novo plan estará dotado de 2.470 millóns de euros, un 17,3% más que el anterior.

 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 22 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno onde se tratarán as propostas de acordo sobre o procedemento de elaboración do Plan director de racionalización de estruturas académicas da UDC. A representación do PAS realizaremos a nosa proposta na propia reunión do Consello de Goberno asegurando que o PAS teña a representación axeitada ás circunstancias. En boa lóxica tamén coñeceremos o plan de axuste que segundo se publicou nos medios de comunicación, a universidade presentou á Xunta de Galiza.
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Estamos en campaña preelectoral, aos primeiros globos sonda, ás afirmacións e posteriores desmentidos para ver como está o mercado do voto, seguen agora as propostas en firme, para iso que mellor que rodearse cos sindicatos afíns que permitirán, a baixo prezo, aparecer nunha foto que valerá ouro na campaña electora. Os sindicatos do sistema xa se reunen con facenda para “negociar” pero que se está a negociar?.

AGRO

    A CUT observa con simpatía o proceso de acumulación de forzas no agro galego a prol da supervivencia do sector lácteo, que empezou a roldar na manifestación nacional realizada o pasado venres 17 de xullo ás 12 horas dende a explanada de Salgueiriños, na cidade de Compostela. Por iso mesmo chamaou ás traballadoras e traballadores a participar activa e solidarimente nesta convocatoria.

LABORAL

    Un total de 23.800 galegos marcharon a traballar outra comunidade autónoma durante o primeiro trimestre deste ano, o que supón 5.500 profesionais máis dos 18.300 que chegaron a Galicia.

XUNTA DE GALICIA

VERGOÑA

    Miguel era un interno do centro penitenciario. Contan que naceu en Úbeda e que tiña 53 anos. Onte apareceu morto na enfermaría da prisión. Cando, ás 7:55 horas, os funcionarios comezaron o reconto, encontráronseo morto na cama.

POLO DEREITO A MORRER CON DIGNIDADE!

    Aplicarase, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas que se encontren no proceso da súa morte ou que afronten decisións relacionadas co devandito proceso, xa sexa no seu domicilio, nun centro sociosanitario ou nun hospital

• OPINIÓN - José Sanclemente

    O panorama político que se configurou coas eleccións do 24 M e as posteriores alianzas de gobernos municipais e autonómicos con novos actores políticos na sociedade española debería tamén concretarse en novas regras para xestionar os medios de comunicación públicos e establecer un novo trato cos privados.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19:00 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós. DURANTE O MES DE AGOSTO O LOCAL PERMANECERÁ PECHADO.
 FERROLTERRA, AUGA CONTAMINADA
    Coñecemos pola prensa que os habitantes de Ferrol, Narón, Mugardos e Fene, arredor de 140 mil persoas consumiron durante 18 días auga non potable, desde o día 29 de xuño até o día 16 de xullo no que se deu a alarma e se instou á poboación a non consumir auga da billa.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    As plataformas locais e comarcais das Marchas da Dignidade en todo o país déronse cita hai uns días en Compostela para programar a folla de ruta para o mes de outubro. Logo dun amplo debate, e a inclusión de diversas propostas, decidiuse convocar unha gran mobilización nacional o sábado 24 de outubro ás 12 da mañá.
 NOTA DE PRENSA DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
    O Pleno do Tribunal Constitucional desestimou o recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno de Andalucía contra o Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade; a impugnación afecta a tres preceptos (arts. 8, 27 e 28) que modifican o réxime de permisos e vacacións dos funcionarios públicos, os horarios comerciais e de apertura en domingos e festivos e o sistema de promoción de vendas mediante rebaixas, saldos ou liquidacións.
 O ESTADO ESPAÑOL TOCA FONDO
    Unha compañía chinesa postúlase a comprar o Aeroporto Central de Ciudad Real, situado na comunidade autónoma española de Castela-A Mancha, mediante concurso de acredores por só 10.000 euros. É unha cantidade moi por debaixo do prezo de saída, 40 millóns de euros, ou moi irrisorio se se compara cos 450 millóns de euros que custou construílo.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A lingua galega é a grande obra colectiva do pobo galego. A que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nun mundo plural e diverso ao que queremos contribuír.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        O SEÑOR SCHÄUBLE. ESE ENTRAÑABLE FILL...

         
          WE LOVE YOU, ANGELA.

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript