Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 282 - 20/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  FERROLTERRA, AUGA CONTAMINADA
 

Ferrolterra: 140 mil persoas, sen auga potable

Coñecemos pola prensa que os habitantes de Ferrol, Narón, Mugardos e Fene, arredor de 140 mil persoas consumiron durante 18 días auga non potable, desde o día 29 de xuño até o día 16 de xullo no que se deu a alarma e se instou á poboación a non consumir auga da billa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Como sinalamos o día 29 as análises da Xunta detectaron un elevado nivel de trihalometano. Na análise do día 6 de xullo detectáronse 180 microgramos por litro, cando o máximo legal permitido son 100. En análises posteriores detectouse unha diminución de trihalometano pero sempre por riba do nivel permitido.
 
Segundo se sinalou nos medios de comunicación os efectos do trihalometano non son inmediatos, percibíndose a medio e longo prazo. Sinalaron, tamén, que só cunha inxesta continuada se producirían efectos daniños o que non indicaron é o que se considera inxesta continuada, dezaoito días bebendo e cociñando con auga contaminada con trihalometano son suficientes?
 
Despois da alarma inicial chegou o momento de delimitar responsabilidades. Xunta e concellos acúsanse mutuamente. Pola nosa parte esiximos que se abra unha investigación e que se depuren as responsabilidades a que houbera lugar. Xunta, concesionaria da auga, ou quen corresponda debe asumir as consecuencias dunha xestión que pon en perigo a vida de tantas persoas. Non pode quedar sen clarexarse un caso tan importante de saúde pública.
 
Sendo a exposición ao trihalometano tan prolongada e non producirse efectos de xeito inmediato, entendemos que se deberían habilitar os medios necesarios para seguir a evolución sanitaria da poboación afectada.
 
Un efecto de que desde as institucións se requirise á poboación a non usar auga da billa para beber ou para cociñar foi que as existencias de auga embotellada desapareceron dos almacéns, áreas comerciais e tendas en poucos minutos.
 
Coa saúde da cidadanía non se xoga!!!

Pola remunicipalizaçom da gestom água em #Ferrol Responsáveis crise tenhem nome e apelidos: Xunta da Galiza e EMAFESA

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript