Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 282 - 20/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  O ESTADO ESPAÑOL TOCA FONDO
 

China postúlase a comprar un aeroporto a prezo de saldo

Unha compañía chinesa postúlase a comprar o Aeroporto Central de Ciudad Real, situado na comunidade autónoma española de Castela-A Mancha, mediante concurso de acredores por só 10.000 euros. É unha cantidade moi por debaixo do prezo de saída, 40 millóns de euros, ou moi irrisorio se se compara cos 450 millóns de euros que custou construílo.

 

  • Noticias relacionadas

 

O grupo chinés Tzaneen International, dedicado a investimentos en proxectos de infraestrutura, presentou este venres unha oferta por 10.000 euros a través dunha poxa pública para adquirir o Aeroporto Central de Ciudad Real, o primeiro de iniciativa privada construído en España, informa El Confidencial.
 
A oferta non quere dicir que a compra estea pechada, ao ser inferior do 70% da taxación, é dicir, menos de 28 millóns de euros. Agora ábrese un prazo de 20 días hábiles, ata mediados do mes de setembro, para que outro ofertante poida presentar unha oferta de compra superior.
 
Segundo un comunicado da empresa, a compañía planea investir no desenvolvemento do aeroporto entre 60 e 100 millóns de euros. Ademais, o seu obxectivo principal consiste en converter o aeroporto nun nó de comunicación entre empresas chinesas e Europa.
 
Tzaneen Internacional, unha mercantil lanzada en Madrid en marzo de 2015 con só 4.000 euros de capital, foi a única empresa que puxou para adquirir o aeroporto. Isto débese a que o devandito aeroporto, o primeiro internacional privado de España, permanece pechado dende o ano 2012 a causa da súa baixa rendibilidade e falta de investimento.
 
actualidad.rt

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript