Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 282 - 20/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

A Xunta recortou 3.000 empregos en educación e sanidade en cinco anos

O devalo sufrido nas eleccións municipais do 24M impulsou o PP galego nas últimas semanas a lanzar múltiplos anuncios en materia social, algúns deles destinados a parchear recortes que os propios populares aprobaron e aplicaron dende os gobernos galego e central.

 

  • Noticias relacionadas

 

No mesmo sentido, por boca do seu xefe de filas e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a formación conservadora vénse gabando nos últimos meses dos "avances sociais" que, din, impulsaron nos seus mandatos. Alén das valoracións o certo é que os datos orzamentarios veñen contrastando dende hai tempo uns recortes sociais que tamén tiveron a súa tradución no persoal que achega estes servizos á cidadanía. Nomeadamente, no caso galego a sanidade e a educación perderon 3.000 profesionais nos últimos anos.
 
A Secretaría de Estado de Administracións Públicas, dependente do Ministerio de Facenda, vén de facer públicos os seus datos máis recentes de cifras de persoal ao servizo das diferentes institucións do Estado. No caso da Xunta constata que en xaneiro deste 2015 traballaban para a Administración pública galega un total de 86.108 persoas, 3.191 menos que cando Feijóo chegou ao poder, na primeira metade de 2009. O groso deste recorte, atendendo aos datos, concéntrase no ensino non universitario e no Servizo Galego de Saúde.
 
Seguir lendo o artigo de Praza Pública

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript