Número 280 - 6 de xullo de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Resumo do Consello de Goberno do día 30 de xuño

    O pasado día 30 de xuño realizouse un novo Consello de Goberno. Desde as nove da mañá un grupo de estudantes concentrouse primeiro na praza e despois ás portas da sala do Consello de Goberno onde agardaron o remate da sesión. Como vos podedes supoñer o punto máis importante da sesión foi o punto 13. Proposta de acordo sobre o procedemento de elaboración do Plan Director de Racionalización de Centros e Departamentos da UDC.

 UNIVERSIDADE
    A universidade quere que toda a comunidade universitaria saiba a visión que sobre a situación na que se ve inmersa a institución ten o equipo reitoral, situación que deriva da diminución no fondo estrutural fixo no Plan de Financiamento. A situación económica atribúese a unha falta de ingresos, non ao exceso de gasto, isto é o que viñeron a sinalar o xerente, a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente na reunión que mantiveron o pasado venres cos representantes do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal..
UNIVERSIDADE

    No DOG do día 1 de xullo publícase a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015 pola que se convocan probas para a execución do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo desta universidade.

CALENDARIO LABORAL

    A Consellería de Traballo levou hoxe, día 2 de xullo, a Consello da Xunta a proposta do calendario laboral para o próximo exercicio, que será publicado posteriormente nun decreto.

STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA

    Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña, ante os feitos acontecidos onte día 30 na concentración contra a Lei Mordaza queremos manifestar o seguinte:

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

    Todos os xoves ás 11:30 diante do edificio da Xunta en Ferrol. Queremos conseguir dar-lle cara humana ao problema do paro (e non un mero dato estatístico).

OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA

    Asistimos nos últimos tempos, a como dende os medios de comunicación dun xeito incansable, martélase constantemente, con termos como: prima de risco, mercados financeiros, débeda, déficit, FMI, axustes, recortes, etc. Conceptos, que en definitiva, poñen de manifesto a voracidade do capital neste momento da historia.

INTERNACIONAL

    Os milicianos do Estado Islámico cren que se morren en combate ás mans dunha muller, as súas almas arderán no inferno, ao contrario do que sucedería se caen ás mans dun home. Tendo en conta isto, os curdos, que combaten na súa rexión contra o avance do EI (tamén coñecido como ISIS), formaron un batallón feminino para atormentalos e facelos retroceder. Alí, as mulleres loitan pola súa liberdade en todas as frontes: tanto na guerra, coma na sociedade curda.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Pensaba xogarme uns cartos apostando sobre a situación grega, pero na casa de apostas dixéronme que o de Grecia é un deporte, si, pero de risco, e que pechan a xanela: William Hill decidiu hai uns días deixar de xogar co Grexit, que se lles estaba a ir das mans.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19:00 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADES
    Máis de 77.000 estudantes abandonaron a universidade pública ou renunciaron a matricularse dende o curso 2011/2012 pola suba dos prezos das taxas, segundo denuncia un informe.
 UNIVERSIDADES
 A NOSA DIGNIDADE NON SE RECORTA
    Continúa o xogo electoralista do PP cos traballador@s públic@s, os globos sonda sucédense unha cadencia que parece que non ten remate, fai algo máis dunha semana parecía seguro que o goberno central tomara a iniciativa de proceder á devolución non só da parte da paga extra de 2012 que non se nos devolvera, os rumores apuntaban tamén a que se nos devolvería algún día de asuntos particulares que se nos recortara.
 INTERNACIONAL
    A clase traballadora e o pobo grego enfróntanse a unha realidade límite, que afecta tamén ó resto dos pobos, especialmente á periferia europea, Estado español, Portugal e Italia. O caso español vén dado co caso dunhas eleccións nun horizonte próximo. Só os moi inxenuos poden crer que a situación económica ten mellorado, só os ilusos poden pensar que as reformas e recortes xa remataron. Nós sabemos que a dulcificación nas medidas (“Lei mordaza” a parte) unicamente responden a unha estratexia electoral.
 LEI MORDAZA
    O secretario de estado de Seguridade, Francisco Martínez, negou este venres que a nova Lei de Seguridade Cidadá, a chamada 'lei mordaza', vaia aplicarse de xeito menos estrito debido ao contexto preelectoral, e subliñou que é a propia lei a que modula a súa aplicación.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    O Comité consultivo do Convenio Marco para a protección das minorías nacionais vén de sinalar na súa avaliación do Estado español a desconsideración que manifesta o Estado español a respecto da súa pluralidade lingüística.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          LEI MORDAZA: ESTADO POLICIAL

           
            XUSTIZA!!!

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              CALENDARIO LABORAL 2014
              CALENDARIO LABORAL 2015
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript