Maio de 2010
 
 

03/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Carlos Amoedo, novo secretario xeral da UDC. E a Xerencia?

 

 

Na reunión do Consello de Dirección do pasado martes, tratouse o cesamento do que ate este momento era Secretario Xeral, Xosé Manuel Carril. Sorprende a rapidez coa que se atopa substituto para este cargo institucional e a imposibilidade de atopar recambio para o posto de Xerente despois dun ano do seu cese.

 


 

O catedrático de Escola Universitaria de Dereito Administrativo, Carlos Amoedo Souto, tomará posesión hoxe, luns.

 

Carlos Amoedo é un destacado militante nacionalista, próximo a corrente Máis Galiza. De feito, ocupou o posto de secretario xeral da Consellería de Cultura durante gran parte bipartito. Foi cesado deste cargo por Ánxela Bugallo en novembro de 2008 ao fío de discrepancias sobre o modelo de xestión da Cidade da Cultura, unha das decisións que acabou por marxinar a Bugallo do resto da cúpula do BNG.

Amoedo ocupa o novo cargo substituíndo no seu posto a Xosé Manuel Carril Vázquez, quen deixa o posto “para retomar o seu labor docente e investigador e encarar futuros retos profesionais”. Tomará posesión o 3 de maio, ás 13:00 horas na Sala de Xuntas da Reitoría.

Noticia de prensa

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript