NÚMERO 279 - 29/06/2015
CUTUDC / Novidades
No Pasquín núm. 277 do 22 de xuño, aparecía un artigo sobre as mobilizacións que a Plataforma Cidadáns pola Saúde de Arteixo realizaron reivindicando a vacina da meninxite B accesible e pública para todos.
Indicar que
tamén a Fundación Irene Megias contra a meninxite,
ten unha campaña de recollida de sinaturas coa fin
de inclúan a vacina no calendario de vacinación en
todo o territorio do estado (https://www.change.org/p/permitan-que-la-nueva-vacuna-contra-el-meningococo-b-sirva-para-erradicar-la-meningitis-en-espa%C3%B1a)
Seguro que moitos/as de vosoutros/as tedes
fillos/as ou familiares ou amigos/as con persoas en
idade de ser vacinados contra a meninxite B
(recoméndase a vacinación de nenos/as maiores de 2
meses ata adolescentes).
Indicar que existen distintas familias de
meningococos (A, B, C, W135, X e Y), as máis
predominantes en Europa son a B e a C.
A vacinación fronte ao meningococo C está incluída
nos calendarios de vacinación de todas as
comunidades autónomas españolas e demostrou ser moi
eficaz, e podemos dicir que a enfermidade por
meningococo C na infancia en España practicamente
desapareceu.
No ano 2013 autorízase, para o seu uso nos países
da Unión Europea, a primeira vacina fronte ao
serogrupo B, e desde agosto de 2014 está dispoñible
en España só para uso hospitalario. A situación
española é excepcional, xa que a Axencia Europea de
Medicamentos (EMA) permite que se distribúa
libremente nos países da Unión Europea para persoas
a partir dos 2 meses de idade e, polo tanto, pódese
adquirir en calquera farmacia comunitaria europea,
fora de España.
Cales son os motivos polos que a vacina non se
comercializa en España?
Os que nos gobernan fixéronnos crer que os motivos
eran que non estaba aínda testada e non se sabía á
súa efectividade e riscos que podía xerar.
Mentira. Unha parte importante do
desenvolvemento clínico realizouse en España
demostrando unha resposta inmune moi importante en
todos os grupos de idade o que levou a súa
aprobación de uso en Europa.
As reaccións asociadas á vacinación son leves. As
máis habituais son a dor e avermellamento no lugar
da inxección, febre e irritabilidade. Tamén é
posible que provoque perda de apetito, vómitos e
diarrea. Calquera das vacinas existentes no
calendario en España teñen estas reaccións.
Os que nos gobernan tamén dixeron que a incidencia
en España desta enfermidade é moi baixa.
Mentira. A incidencia desta enfermidade en
España é unha das máis altas de Europa (0,7 por
cada 100.000 persoas/ano).
Indicar ademais que a letalidade da enfermidade é
aproximadamente do 10% e o risco de producir
secuelas a longo prazo, fundamentalmente
neurolóxicas e amputacións está entre o 20-30% dos
casos.
No que vai de ano en Galicia (Arteixo) temos
constancia de 2 persoas falecidas por esta
enfermidade.
Os que nos gobernan tamén dixeron que os motivos
eran que nun momento de crise non todo o mundo
podería acceder á vacina polo seu elevado prezo e
que a sanidade pública tampouco contaba cos
recursos para subministrala de forma gratuíta.
Mentira. O prezo dunha dose da vacina é de
95,05 € comprada nunha farmacia de Portugal por un
galego, seguro que se es portugués e con receita o
prezo é distinto. Por exemplo a sanidade inglesa,
que ten a vacina no seu calendario, negociou coa
farmacéutica que a comercializa o prezo
conseguíndoa a 28 € por dose. Seguro que o
Ministerio de Sanidade Español pode obter un prezo
similar o que non xeraría un custo elevado para
poder ser dadas de forma gratuíta e incluíla no
calendario de vacinas.
Do que si estamos seguros é que pola ineptitude
irresponsabilidade dos nosos políticos, os nosos
nenos/as están en risco de contraer unha meninxite
tipo B para a que existe unha vacina, que a xente
que menos recursos ten hoxe non pode acceder á
vacina pois o seu custo en Portugal é bastante máis
elevado que se se comercializada nas farmacias de
España..
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript