Número 279 - 29 de xuño de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Situación da universidade. Novidades

    A “delicada” situación da universidade é noticia nos medios de comunicación, evidenciándose, tamén, unha inusitada actividade institucional que se manifesta, por un lado nas convocatorias de reunións do Consello Social, Xuntas de Facultade ou Escola, manifestos, pronunciamentos… que se están a realizar nos centros afectados polo proxecto de integración posto en marcha polo equipo de goberno. Por outro lado o propio equipo de goberno que mantén reunións con decanos, directores, conselleiros… e que foi deixando caer, no camiño, a que será nova alternativa institucional diante do fracaso do proxecto de fusións que presentou a centros e departamentos.

 UNIVERSIDADE
    O vindeiro martes, 30 de xuño, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Aos asuntos de trámite engádese nesta sesión o punto 13. Proposta de acordo sobre o procedemento de elaboración do Plan Director de Racionalización de Centros e Departamentos da UDC, punto do que vos transmitimos a información que nos pasaron.
XUNTA DE GALIZA. PERSOAL LABORAL

    O pasado día 23, convocad@s polo Comité Intercentros de Persoal Laboral da Xunta de Galicia, centos de traballador@s manifestamos o rexeitamento frontal á suspensión de diferentes artigos do Convenio Colectivo realizada polo presidente Feijoo.

SANIDADE PÚBLICA - A CORUÑA

    Esta pasada semana realizáronse na Coruña dúas concentracións no Obelisco contra os recortes na sanidade pública impostos pola Xunta e goberno central. A primeira, o día 21, en coincidencia coa convocatoria da Marea Branca en todo o estado convocada polas Marchas da Dignidade, Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña, plataformas de defensa de afectados por Hepatite C y Meninxite B. A Segunda realizouse o día 25, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

TRABALLADOR@S DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Cando o Goberno de Mariano Rajoy parecía que ía facer un xesto cara @s funcionari@s de cara á dura batalla electoral que se aveciña nos próximos meses. Mesmo o día 24 moitas fontes recoñecían que se preparaba un forte paquete de medidas para recuperar o voto dos empregados públicos.

CONFEDERACIÓN DE ANPAs GALEGAS

    O xornal “La Voz de Galicia” publicou o pasado domingo unha entrevista ao director xeral de Centros da consellería de Educación, José Manuel Pinal, no que pon na súa boca unhas afirmacións que quixeramos respostar.

PLATAFORMA CANARIA DE APOIO AO POBO SAHARAUÍ

    A Plataforma Canaria de Apoio ao Pobo Saharauí informaba este martes, 23 de xuño, da continuación da folga de fame en cadea iniciada a pasada semana en apoio a Takbar Haddi, a nai saharauí que esixe xustiza para o seu fillo asasinado por colonos marroquís nos territorios ocupados.

NON Á REPRRESIÓN

    Carmen baixa do proximidades que a leva de Leganés a Madrid escoitando música polos auriculares ao tempo que, de forma minuciosa, despraza o seu dedo polo teléfono móbil. Carmen parece ler e escribir algo interesante na pantalla mentres espera a conexión de metro. Carmen vén dunha cidade dormitorio e vai ata unha praza da capital dende a que Pablo tuitea que unhas corenta persoas debaten sobre se acampar ou non esa noite a durmir.

INTERNACIONAL

    O movemento estudantil chileno, que en 2011 protagonizou unha dura protesta con ecos en todo o continente, saíu este xoves outra vez ás rúas a reivindicar o seu dereito a unha educación gratuíta.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Podo, en uso da miña liberdade de expresión, odiar ao ministro do Interior, compartir ese odio cos demais, mesmo vos incitar a que tamén vós o odiedes? Sérveme esa liberdade para desacreditar ou menosprezar a Fernández Díaz? Podo facer un chiste humillante sobre o ministro? E podo tuitealo?

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19:00 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 WERT VAISE
    Márchase Wert. Márchase porque lle da a gana e marcha cando lle da a gana. Prefire vivir o seu matrimonio con Montserrat Gomendio en París que aguantar aquí o que pode e se espera sexa unha reacción unánime da oposición cando gañe as próximas eleccións. A oposición, na súa práctica totalidade, está comprometida a retirar as leis que Wert sacou adiante e que provocaron unha morea de folgas, manifestacións, desplantes e que uniron á práctica totalidade da cidadanía que cunha soa voz reclamou insistentemente o seu cese.
 CRISE - ESTAFA
    Mentres que os gobernos seguen coa cantinela de que “España va bien”, que a recuperación económica é tan evidente que só a negamos os/as antisistema. As estatística que reflicten os medios de comunicación referidas á enquisa sobre estrutura salarial publicada polo INE, sinalan que a situación que padece a cidadanía, vai de mal en peor, nomeadamente cando nos referimos a Galiza. A crúa realidade é que, sen ir máis lonxe, un de cada cinco galegos e galegas vive con salarios de menos de 375 euros ao mes, a metade do salario mínimo.
 VACINA MENINXITE B
    No Pasquín núm. 277 do 22 de xuño, aparecía un artigo sobre as mobilizacións que a Plataforma Cidadáns pola Saúde de Arteixo realizaron reivindicando a vacina da meninxite B accesible e pública para todos.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
 UNIVERSIDADES
    As estatísticas son implacables. E os resultados destas nas universidades españolas, desoladores. De acordo con elas, os Centros Universitarios españois acolleron o pasado curso a un total de 1.361.340 matriculados.
 CARTA ABERTA DO COMITÉ DE FOLGA DE MADRID DE TELEFÓNICA-MOVISTAR
    Bos días. Como supoñemos que xa o informaron, o día 22 de xuño 2015 suspendemos a folga por orde xudicial e logo de comunicacion ao Ministerio de Traballo, xa que denunciamos ante a Audiencia Nacional o incumprimento pola súa parte de negociación ante o Comité de Folga como marca a lei.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    No informe presentado pola Mesa e ELEN sinalanse casos concretos e moi graves que demostran que estas discrimación son sistémicas por parte do Estado
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL

         
          MARCA ESPAÑA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript