Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 279- 29/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Ataxia
Que o PDI está atacado por unha forte ataxia que lle impide coordinar o máis mínimo movemento sabémolo o PAS, que iso lles imposibilitaba a realización do máis mínimo movemento seguro que non o sabiades. A semana pasada, segundo me contaron, na reunión que o secretario xeral, xerente, vicerreitora de AAEE e técnicos tiveron con decanos e directores parece que o único que non atacou até ese límite esa enfermidade foi ó director da EUAT que foi o único que manifestou ter algunha sinal  de vida e que reclamou a convocatoria dun Claustro para decidir sobre as fusións. Lástima de universidade.

PAS e PDI da man
Nisto das fusións PAS e PDI temos que ir da man, non só desaparecen cargos de xestión, a moita xente parécenos ben que desaparezan, tamén perigan postos de traballo entre o PDI e entre o PAS, todo isto deberíanos facer pensar un pouco. Neste boletín vexo claramente reflectida a vosa posición. Que opinan o resto de sindicatos?.

Podedes durmir tranquilos?
Podedes durmir tranquilos, iso nos dixo o reitor na campaña electoral as súas prioridades eran o mantemento dos postos de traballo e as bolsas para os alumnos. Seguirá pensando e defendendo o mesmo agora que fusiona centros e departamentos?. Polo que parece os docentes temen que as fusións diminúan os postos de traballo, lino nos manifestos. Que pasará cos postos de traballo que sobrarán en Arquitectura-Aparelladores e na Politécnica-Superior en Ferrol?

Preparando as eleccións?
Fan e farán o que queiran. A universidade é súa, fusións, integracións... o que é seguro é que non se contentará a todo o mundo, haberá, como pasa sempre, unhas fusións interesadas, probablemente afectarán aos centros onde Nova Luce ten menos votos o que exasperará e polarizará aínda máis o voto, perigan as eleccións que se realizarán a finais de ano?

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript