NÚMERO 279 - 29/06/2015
CUTUDC / Novidades
A “delicada” situación da universidade é noticia nos medios de comunicación, evidenciándose, tamén, unha inusitada actividade institucional que se manifesta, por un lado nas convocatorias de reunións do Consello Social, Xuntas de Facultade ou Escola, manifestos, pronunciamentos… que se están a realizar nos centros afectados polo proxecto de integración posto en marcha polo equipo de goberno. Por outro lado o propio equipo de goberno que mantén reunións con decanos, directores, conselleiros… e que foi deixando caer, no camiño, a que será nova alternativa institucional diante do fracaso do proxecto de fusións que presentou a centros e departamentos.
Coincidimos co
sr. reitor na diagnose da situación xeral da
universidade, expresada tanto nos medios de
comunicación como no propio Consello de Goberno.
Entendemos, como asinamos no manifesto de toda a
representación do PAS nos Claustros das tres
universidades, que a Xunta ten que prover o
diñeiro necesario, no fondo estrutural, para que a
universidade cumpra a súa función coa calidade á
que a cidadanía ten dereito.
Non obstante, non concordamos co sr. reitor no
tratamento que está a aplicar diante da situación
provocada pola falta de financiamento. Faltoulle,
ao equipo de goberno, nun asunto tan grave como que
de súpeto desaparezan 3,7 millóns de euros do
orzamento, a obrigada comunicación á Comunidade
Universitaria, cando menos o seu tratamento nos
órganos de goberno que previamente aprobaran os
orzamentos (Consello de Goberno e Consello Social).
Ocultar o problema, durante seis meses, provocou
que a situación se agravase de tal xeito que,
segundo o manifestado pola propia universidade,
obriga a tomar medidas radicais de xeito inmediato.
O progresivo deterioro da situación económica
colocou á universidade nunha situación de
debilidade respecto da Xunta de Galicia, á que se
debeu someter, con anterioridade, a unha forte
presión para acadar unha solución. Agora cando se
require a súa colaboración reclama a súa
alternativa habitual, os recortes. A premura coa
que se requiren as solucións, o proxecto e o método
elixido para a toma de decisións fainos sospeitar
sobre as intencións do sr. reitor.
Diciamos, tamén no anterior PASquín, que a liña
informativa do sr. reitor é improcedente, feito que
se constata:
Por “vías alternativas” sinalóusenos, hai xa días,
que a proposta que o reitor levará ao Consello de
Goberno do día 30 de xuño será a constitución dunha
comisión mixta formada polos membros da Comisión de
Organización Académica e Profesorado e da Comisión
de Asuntos Económicos que se encargará de elaborar
o Plan Director de Racionalización de Centros
e Departamentos. Unha vez recibida a orde do
día da reunión confírmase o sinalado
Esta alternativa no canto de “tranquilizar” aínda
nos produce máis inquedanza pois:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript