Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 279 - 29/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - ESTAFA
 

A precariedade absoluta incrementa os niveis de pobreza en Galiza

Mentres que os gobernos seguen coa cantinela de que “España va bien”, que a recuperación económica é tan evidente que só a negamos os/as antisistema. As estatística que reflicten os medios de comunicación referidas á enquisa sobre estrutura salarial publicada polo INE, sinalan que a situación que padece a cidadanía, vai de mal en peor, nomeadamente cando nos referimos a Galiza. A crúa realidade é que, sen ir máis lonxe, un de cada cinco galegos e galegas vive con salarios de menos de 375 euros ao mes, a metade do salario mínimo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A “crise” fixo agromar un novo tipo de traballador/a, o/a traballador/a pobre, que se corresponde con contratos tan precarios que non permiten nin por asomo, chegar a fin de mes.
 
Lonxe do optimismo desaforado dos gobernos galego e estatal o Instituto Nacional de Estatística sinala que até 177.395 traballadores/as galegos/as gañaron menos de 4.517€ no ano 2013, a metade do salario mínimo interprofesional. Estes datos supoñen un incremento do 17% nos últimos cinco anos dos traballadores e traballadoras con este tipo de remuneración.
 
A precariedade salarial ten tamén outro factor de referencia, as pensións de xubilación. A pensión media en Galiza, é a segunda máis baixa do estado, con 741€ cando segundo os datos publicados polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social a pensión media de xubilación no estado situouse en 1.020,80 euros mensuais
.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript