NÚMERO 279 - 29/06/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado día 23, convocad@s polo Comité Intercentros de Persoal Laboral da Xunta de Galicia, centos de traballador@s manifestamos o rexeitamento frontal á suspensión de diferentes artigos do Convenio Colectivo realizada polo presidente Feijoo.
Os principais motivos da manifestación foron, a reclamación da dignidade das condicións de traballo do persoal laboral e a defensa do V Convenio Colectivo, xa que fai 3 anos, coa lei galega e estatal de medidas e coa suspensión de diferentes artigos do V Convenio, especialmente o artigo 19, as condicións laborais foron en detrimento dos traballadores de xeito brutal, deixando as necesidades mínimas de conciliación da vida laboral, familiar e persoal relegadas a un plano nulo e incrementando as baixas laborais pola mutua de traballo dun xeito exponencial así como as enfermidades profesionais que limitan as labouras das diferentes categorías profesinais nos seus postos de traballo, sen incremento de plantillas para a necesaria cobertura dos servizos públicos que prestamos aos cidadáns.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript