Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 279 - 29/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  TRABALLADOR@S DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Recuperación da extra de 2012. O goberno de Rajoy lanza un globo sonda

Cando o Goberno de Mariano Rajoy parecía que ía facer un xesto cara @s funcionari@s de cara á dura batalla electoral que se aveciña nos próximos meses. Mesmo o día 24 moitas fontes recoñecían que se preparaba un forte paquete de medidas para recuperar o voto dos empregados públicos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Algunhas destas fontes apuntaban mesmo que este aceno podería plasmarse na primeira suba de salarios dende que chegou o PP á Moncloa. Ou o que é o mesmo, o final de máis de cinco anos de recortes salariais.
 
Pero ao día seguinte saíu o secretario de Estado de Relacións coas Cortes, José Luis Ayllón, volvéndonos á realidade sinalando que, neste momento non estaba previsto a devolución da paga extra e moito menos outras cuestión como días… Esta circunstancia corroborouna, posteriormente o mesmo Rajoy que sinalou que se procedería á devolución dese 75% non pagado cando houbera dispoñibilidade orzamentaria.
 
Xoga unha vez máis o sr. Rajoy con tod@s @s traballador@s da Administración Pública facendo bo o dito aquel de que “prometer e non dar aos tontos fai alegrar”
.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript