NÚMERO 279 - 29/06/2015
CUTUDC / Novidades
Esta pasada semana realizáronse na Coruña dúas concentracións no Obelisco contra os recortes na sanidade pública impostos pola Xunta e goberno central. A primeira, o día 21, en coincidencia coa convocatoria da Marea Branca en todo o estado convocada polas Marchas da Dignidade, Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña, plataformas de defensa de afectados por Hepatite C y Meninxite B. A Segunda realizouse o día 25, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.
Nas dúas concentracións protestouse polos efectos dos recortes impostos na sanidade pública e que se manifestan en drásticos recortes de persoal, aumento dos tempos de espera para probas diagnósticas e operacións, carencia de camas para hospitalización (este verán pecharanse arredor de 1.200), saturación de servizos de urxencias, recorte de medicamentos, repagamentos...
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript