Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 279 - 29/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  CARTA ABERTA DO COMITÉ DE FOLGA DE MADRID DE TELEFÓNICA-MOVISTAR
 

Quitámoslle a careta a Telefónica e ao seu presidente César Alierta

Bos días. Como supoñemos que xa o informaron, o día 22 de xuño 2015 suspendemos a folga por orde xudicial e logo de comunicacion ao Ministerio de Traballo, xa que denunciamos ante a Audiencia Nacional o incumprimento pola súa parte de negociación ante o Comité de Folga como marca a lei.

 

  • Noticias relacionadas

 

Xa entendemos que iso para vostede supoñeralle un novo inchazo na vea do seu colo anticipando a cólera que chegará ao seu cerebro, pero mire vostede, D. César, como cremos que a xustiza está para cumprila e é para todos imos poñela en práctica.
 
E non poña máis escusas. Que se AST non representa a ninguén, que se lle rebentan as Xuntas de Accionistas, etc. recordámoslle que a negociación é co Comité de Folga, non co Sindicato.
 
O devandito prazo permitiranos coller forzas, pagar facturas, reagruparnos e en outono volver á carga, porque certamente estamos desgastados, pero vostede e a súa compañía están en evidencia pola súa actuación, pola precarización e explotación dos traballadores. E teñen hoxe unha imaxe moi distinta á que tiña ata agora de compañía idílica e de respecto. Xa lles quitamos a careta.
 
Así mesmo, esperamos que o Sr. Vílchez cumpra o prometido, e no prazo de dous meses como se comprometeu se soluciónen os numerosos problemas que vostedes Provocaron. Aínda que o dubidamos e moito, porque que sufrimos varias manobras mentireiras por parte da súa compañía.
 
Non pense que imos estar parados ou tranquilos (collémoslle gustiño a isto). Fíxonos ser mellores persoas, e permitiunos decatarnos de que isto é unha loita común. Xunto remítolle un parágrafo dunha grande amiga e gran loitadora que grazas a esta folga tiven o pracer de coñecer:
 
"Ao final tod@s loitamos pola nosa clase, aínda que sexa dende diferentes conflitos, asembleas etc., pero por e para nosoutr@s. O traballo de formiga é duro pero recompensa e compensa por amor á clase obreira e odio a est@s fodid@s opresores!
 
Bankia en Loita, Correos en Loita, Futbolmanía en Loita, Movistar- telefónica en Loita, PanRico en Loita, Body Bell en Loita, Pizza hut en Loita, Traballadorxs de contratas de HC, CajaAstur/Liberbank en Loita, Unísono en Loita, Coca-cola en Loita, Salvemos Everest, Madrid Río en Loita (Plataforma de Apoio e sección sindical CNT), Bosal en loita, Bombeiros forestais en Loita, Phone House en Loita. Somos tod@s! #UnificandoLasLuchas".
 
Activistas? Non Sr. Alierta, traballadores en loita, que non estamos solos nin imos deixar solos aos nosos compañeiros de distintos colectivos.
 
Por iso comunícolle que isto só foi o primeiro asalto, que estamos no canto collendo aire obrigados pola Autoridade Xudicial, que o segundo asalto está preto e mentres seguiremos con denuncias en Inspección de Traballo das que vostedes e as súas contratas son responsables, manifestacións, caixa de resistencia, apoio a diferentes colectivos en loita, e algo máis, que me calo. Tampouco é cuestión de que vostede o saiba todo.
 
Xa sabe vostede Que a solución é doada e está nas súas mans. Déixese de tanta arrogancia, poña os pés na terra, modere un pouco o seu carácter que non o deixa ser feliz, e pense un pouco en que todos, incluído vostede, temos familias e queremos o mellor para elas.
 
Familias que por certo nin mencionou na Xunta de Accionistas a raíz da carta que lle mandamos polo falecementos da súa esposa. Somos humanos e non desexamos a morte de ninguén.
 
Sen máis, recorde que isto só acaba de empezar. Grazas por ser responsable da nosa unión, da nosa loita e da admiración que levantamos na sociedade, que non acabamos de entender, xa que só loitamos por un traballo e un contrato digno e entendemos que esta é a única forma de loita. Esperamos que se estenda o exemplo entre os traballadores.
 
Reciba un saúdo.
 
Comité de Folga de Madrid.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript