NÚMERO 279 - 29/06/2015
CUTUDC / Novidades
A Plataforma Canaria de Apoio ao Pobo Saharauí informaba este martes, 23 de xuño, da continuación da folga de fame en cadea iniciada a pasada semana en apoio a Takbar Haddi, a nai saharauí que esixe xustiza para o seu fillo asasinado por colonos marroquís nos territorios ocupados.
Como se
recordará, a propia Haddi mantívose en folga de
fame durante 34 días, fronte ao consulado de
Marrocos en Las Palmas de G.C., para reclamar o
corpo do seu fillo falecido, Lamin Haidala, e o
axuizamento dos responsables da súa morte.
Despois de que tivese que ser hospitalizada, con
abundantes vómitos con sangue e nun estado de saúde
moi grave, o colectivo saharauí decidiu continuar a
protesta cunha folga de fame en cadea -24 horas
cada persoa-, "para darlle o relevo e que as súas
reivindicacións se manteñan no tempo, segundo
informaron fontes próximas á saharauí nun
comunicado,".
O martes, sumábase a esta iniciativa o atleta
saharauí Salah Amaidan, residente en Navarra.
Amaidan é un corredor saharauí moi recoñecido en
toda Europa, a pesar de non poder participar en
ningunha competición oficial dende que en 2004,
durante unha carreira en Francia na participaba no
equipo marroquí, alzou a bandeira saharauí sobre a
súa cabeza durante os últimos cen metros da
carreira. Antes fora triplo campión de
cross-country para Marrocos e dúas veces campión do
mundo árabe.
Tras a súa acción de 2004, pediu asilo político en
Francia ante o risco de ser encarcerado á súa volta
ao Sahara Occidental.
Dende entón estivo a competir cun equipo francés
nas competicións organizadas polas Federación
francesa e como atleta saharauí en competicións
internacionais non oficiais. En 2013 estreouse unha
película chamada The Runner sobre a súa historia,
dirixida polo realizador palestino Saeed Taji
Farouky.
Este mesmo mércores, a Takbar Haddi viaxará a
Xenebra, onde expoñerá o seu caso ante o Comité de
Dereitos Humanos de Nacións Unidas; permanecendo na
capital Suíza ata o próximo día 1 de Xullo.
VIDEO
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript