Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278- 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Fusións
Xa mo imaxino. Un día chega o reitor ó Consello de Goberno e sinala que se vai a proceder á fusión de determinados centros e departamentos, sen establecer criterios nin querer dicir cales serían os afectados. Deberon fumar algo na reunión onde decidiron iso porque pensar que decanos e directores ían asinar voluntariamente a desaparición do pesebre só se lles pode ocorrer despois de fumar moito, moito, moito.

Dereitos ó abismo
O xerente non negocia, o reitor impón, a universidade é a última nos ránkings, parece agora que levamos medio ano cuns orzamentos que non son reais. Con estes imos directos ao cataclismo, só eles poden conseguir que desapareza a UDC.

Provedores
Levamos meses sen pagar a provedores, moitas das chamadas que temos son deles preguntando por cando se lles vai pagar, a nosa resposta sempre é a mesma, non sabemos. Entendo a inquietude da xente que ten un negocio e que pode chegar a ter unha cantidade importante sen cobrar. A universidade pode ser a causa de que a situación económica de pequenas empresas se sitúen nunha difícil situación sen ter culpa de nada.

Fusións
Ola, se non fose polos compañeiros afectados nas conserxerías, administracións e bibliotecas que ben lles estaría aos docentes probar a medicina dos recortes, a nós tocounos moitas veces beber desa botella, eles, que seguramente aplaudiron, non estaría ben que a probasen?.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript