Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

O PP quere blindar á súa xente de confianza

Os traballadores e traballadoras da Xunta denuncian que PP que ve perigar a súa permanencia no goberno galego, intenta ocupar os postos máis altos da administración autonómica coa súa xente. Os traballadores e traballadoras denuncian a aparición dunha asociación denominada Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (AGRUPA) que inflúe na Consellaría para dirixir a promoción interna en prexuízo do resto de funcionarios e funcionarias.

 

  • Noticias relacionadas

Os días 15 e 16 realizáronse reunións da Comisión de Persoal:
 
O día 15 para tratar sobre as propostas de convocatoria de prazos selectivos para o ingreso nos subgrupos A1, A2, C1 e C2, na que se rexeitaron as propostas presentadas pola Dirección Xeral de Función Pública por non variaren en nada sobre as propostas xa rexeitadas con anterioridade.
 
O día 16 para tratar, as propostas de convocatorias de procesos selectivos para o ingreso pola quenda de promoción interna nos subgrupos A1, A2, C1 e C2, sendo, de novo rexeitadas, polo mesmo motivo que o sinalado no parágrafo anterior.
 
Nesta reunión a representación das traballadoras e traballadores tamén rexeitou o proxecto de decreto polo que se crea a Axencia Galega para a xestión do coñecemento en saúde e se aproban os seus estatutos porque supón incrementar e consolidar a administración paralela creando un chiringuito máis.
 
Ao remate da reunión deste día 16, o Director Xeral de Función Pública asumiu a responsabilidade das propostas de promoción interna aprobadas na Comisión de Persoal co voto en contra da representación das traballadoras e traballadores.
 
No DOG do día 18 publícanse as convocatorias dos procesos de promoción interna e acceso libre

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript