Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA CIDADÁNS POLA SAÚDE DE ARTEIXO (A CORUÑA)
 

A Plataforma que reivindica a vacina da meninxite organiza novas mobilizacións

A PLATAFORMA que reivindica a vacina da meninxite B accesible e pública para todos NON VAI ABANDOAR. Lembran as palabras de Feijoo antes das eleccións 'intercedendo' ante o Ministerio para que estea dispoñible na farmacia.

 

  • Noticias relacionadas

Feijoo non pode incluíla no calendario porque esa é unha competencia do Ministerio pero si pode facer un estudo piloto en Galiza e dese modo facer participar a toda a infancia no mesmo, igual que se fixo coa do neumococo, e que na práctica supuxo a vacinación sistemática a toda a poboación. Pero Feijoo, despois de pasar as eleccións, cala.
 
O venres pasado fixeron unha sentada reivindicativa diante do colexio con bonecos e fixeron unha representación da realidade (bonecos que non poden acceder á vacina e outras que non teñen problema ningún, van por ela, pagan e listo).
 
O día 21 participaron na concentración convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña e en setembro van organizar unhas Xornadas sobre a vacinación.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript