Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Isaac Rosa
 

O próximo Stop Desafiuzamentos, no portal de Grecia

Como sigan estirando a corda (e onte no Eurogrupo outro tironciño para nada), calquera día chéganos unha convocatoria para deter un desafiuzamento pero non no barrio, senón fronte ao portal de Grecia. Antes de que os deixen na rúa por non pagar.

 

  • Noticias relacionadas

 Xa sei que non é comparable, pois un país non é unha familia (por sorte para Grecia, que ten con que negociar). Pero a relación do país cos seus acredores parécese cada vez máis á de tantas familias que acabaron desafiuzadas nas nosas cidades. Oíndo estes días aos responsables do FMI, o Eurogrupo ou ao BCE, parece que estivésemos a oír ao departamento de impagados de calquera banco: Grecia debe "cumprir as súas obrigas", pois pola contra teriamos unha situación seria", dixo onte Dijsselbloem, que rematou: "Non" quero "especular sobre que pasará en caso de non pagamento". Non me digan que non soa a cobrador que te chama á casa de noite.
 
En efecto, Grecia entrou no euro como quen pide unha hipoteca. Tivo uns anos bos, de vivir sen moita angustia (con pésimos gobernantes, de acordo), ata que chegou a crise. Entón decatouse de que non chegaba co fin de mes, e que lle custaba cada vez máis afrontar os gastos comúns, e non digamos "cumprir coas súas obrigas". De modo que fixo o que tantas familias: foi á sucursal e solicitou refinanciar a hipoteca, para pasar o mal momento. Pediu o rescate aos que cría que eran como da familia (Europa), e que acabaron portándose como o peor prestamista.
 
Como tampouco así lle chegaba para pagar a letra, Grecia foi á oficina e suplicou ao director (o mesmo que ata poucos anos antes lle regalaba sorrinte calendarios e bolígrafos) reestruturar o préstamo. Así fixeron en 2012, pero como pasa ás familias, tampouco así mellorou, todo o contrario: cada vez máis afogados, mentres a débeda non deixaba de crecer a golpe de intereses de usura.
 
Tras anos de angustia, Grecia chegou a unha situación límite, e plantouse: ou melloran as condicións cunha reestruturación de verdade, ou deixarei de pagar letras. E unha vez máis, como pasa en tantas familias, ata chegar ao momento dramático de deixar de "cumprir as súas obrigas" cos prestamistas, antes quitouse de todo: duros recortes, contrarreformas, e ata pasar fame.
 
Grecia ten sobre a mesa unha letra aprazada de 1.600 millóns, que vence en dez días. E aínda que conseguise pagarlla ao FMI, axiña lle chegaría outro pagamento que tampouco poderá afrontar. E así leva anos, coa auga ao colo, pasando penurias para acabar cumprindo co cobrador do frac.
 
De aí que Grecia se plantase coa chegada dun novo goberno. Un goberno que, recordemos, gañou as eleccións prometendo precisamente iso: que non pagaría se non revisaban a débeda e melloraban as condicións. E que non pagaría ao custo de pasar máis fame, nin tampouco de botar man á pensión do avó, como lle piden agora os prestamistas.
 
Cada noite o cobrador chama á casa dos gregos para meter medo: como non paguedes, botámosvos. Grexit. E a ver onde ides ir, sen fogar europeo e convertidos en morosos de lista negra, ninguén vos prestará diñeiro.
 
"Grecia non quere pagar o que lle piden, e non por capricho. Porque non pode, pero ademais porque non quere: porque un comité de expertos analizou a fondo a débeda e díxolle o que xa sabiamos: que é unha débeda ilexítima, odiosa e ilegal. Que, volvendo ao exemplo das familias desafiuzadas, tamén a Grecia a estafaron. Repetidas veces. Cláusulas abusivas nos memorandos de rescate, "intereses extremadamente elevados" (usura, vaia), e ilegalidades varias do FMI e a Troika. Abonda o dato de que o 90% do prestado foi a pagar os acredores, e menos do 10% a gasto público. Dicían que rescatabamos a Grecia, e en realidade rescatabamos os bancos acredores.
 
Lean as conclusións do comité que auditou unha débeda que "non" respecta os meus dereitos humanos e non debe ser pagada". Léanas, e así cárganse de razóns para ir ao portal de Grecia se os prestamistas intentan desafiuzala.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript