Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA POLA SAÍDA DO EURO
 

Constitución da "Plataforma pola saída do euro"

Reunidos en Barcelona, o 13 xuño 2015, un grupo dos promotores do II Manifesto do euro, de acordo co compromiso que se contiña nel, decidiron constituír a "Plataforma pola saída do euro".

 

  • Noticias relacionadas

Trátase dun primeiro paso dun proceso aberto e democrático para cumprir o obxectivo de articular e dar estabilidade a un movemento que divulgue entre a cidadanía a necesidade imperiosa de desvincularse da unión monetaria ante a desoladora crise económica e social do noso país, afonde sobre o conxunto de aspectos relacionados e as alternativas pertinentes, e que obrigue ás forzas políticas a debater e tomar posición sobre unha cuestión que consideramos esencial pero que eluden irresponsablemente por importancia do cambio proposto.
 
Sen deixar de recoñecer a complexidade de abandonar o euro e de admitir as súas fondas repercusións, moi distintas segundo discorra o porvir e destino da unión monetaria actual, a sociedade non pode observar paralizada e manterse inerme mentres a economía española se descompón e se afunde no subdesenvolvemento, a democracia política queda baleira de contidos sen soberanía económica e ábrese unha crise social e política de grande envergadura. A este respecto non facemos outra cousa que sumarnos aos moitos núcleos e forzas que xurdiron noutros países en defensa da recuperación da soberanía económica e monetaria e en contra do proxecto europeo naceu do Tratado de Maastricht.
 
Son obxectivos transitorios da Plataforma -transitorios por canto serán revisados a medida que se desenvolva con novos participantes recollendo democraticamente as propostas e ideas que se acheguen- ás seguintes:
 
-Manter unha páxina web/blog, para dar a coñecer as nosas posicións e arroupalas coas opinións, os estudos, as análises, os acontecementos e as situacións que as favorezan.
 
-Elaborar alternativas aos problemas que poidan xurdir tras o abandono do euro, dende a cuestión da débeda, o control dos movementos de capitais e os cambios de toda orde que deben ter lugar no conxunto da política económica e social.
 
-Organizar, participar e estimular debates, foros e xornadas no seo da sociedade para conseguir crecente e convincente respaldo ás nosas propostas e a súa viabilidade.
 
-Mentres madura a crise da UE e a moeda única, impulsar iniciativas cidadás para esixir a desvinculación do noso país dos Tratados da UE nos que se basean as políticas de axuste e austeridade (tratado euro-plus, goberno e estabilidade orzamentaria), e a dominación antidemocrática dos poderes centrais da UE, impostos sen consultar a cidadanía.
 
-Facernos representantes da posición anti euro da sociedade española ante os movementos que teñen lugar noutros países.
 
-Elevar propostas no conxunto das institucións e forzas políticas e sociais a favor da saída do euro.
 
-Participar activamente nos medios de comunicación en defensa da nosa posición e en contra dos que ven contraproducente ou imposible abandonar a unión monetaria.
 
-Constituír núcleos desta Plataforma en cantos ámbitos nos sexa posible para desenvolver estes obxectivos.
 
-Organizarnos internamente por grupos de traballo para mellor cumprir estes obxectivos, tendo en conta os intereses e capacidades das persoas que se vinculen.
 
Dende este momento, esta Plataforma está aberta a cantos se adheriron aos Manifestos por saír do euro, e, en xeral, a todos os cidadáns e cidadás que compartan o esencial deles.
 
Os ventos están ao noso favor polo desconcerto en que está sumido o proxecto da integración europea e o desastre a que arrastrou ao noso país, entre outros. É necesario despregar as velas e acumular forzas para evitarlle máis prexuízos e sufrimentos a todos os pobos atrapados no disparatado deseño neoliberal de Europa.
 
Achéganse:
Link con páxina web do II Manifesto por "Saír do euro": https://salirdeleuro.wordpress.com
Link Blog: http://emancipemnosdeleuro.net
 
Para poñerse en contacto coa Plataforma pola saída do euro, e/ou confirmar participación e apoio, dirixirse ao email: salireuro3@gmail.com
 
PLATAFORMA POLA SAÍDA DO EURO
17 de xuño de 2015

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript