Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  EUROPA LAICA
 

Diante da imputación polas capelas na Universidade, Europa Laica solicita ao Xulgado o arquivo da causa

A propósito das capelas na universidade e da imputación da concelleira Rita Maestre. Europa Laica solicita ao xulgado do Penal número 6 de Madrid o arquivo desta causa e polo tanto que queden en suspenso as devanditas imputacións.

 

  • Noticias relacionadas

A cidadá Rita Maestre, agora concelleira do Concello de Madrid, foi imputada, porque o fiscal a acusa, xunto ao Sr. Meleiro, dun suposto delito contra os sentimentos relixiosos, polo que o xulgado do Penal núm. 6 de Madrid fixará unha data para a celebración da vista oral. Segundo o escrito de acusación diversas persoas entraron ás 13:30 na capela do Campus de Somosaguas o 10 de marzo de 2011 guiados polo ánimo de ofender os sentimentos relixiosos dos alí presentes e de todo o colectivo católico". O caso, no seu día tivo moita repercusión. E, agora, a fiscalía pide a pena máxima de ata un ano de prisión. Por iso
 
1-Europa Laica esixe, unha vez máis, o peche de capelas e de todos os centros de culto das Universidades públicas, por ir en contra da Constitución de 1978. E preguntámonos A que esperan os reitores para facelo?
 
2-Europa Laica manifesta, unha vez máis, que aínda que tecnicamente en España non existe o delito por "blasfemia" como tal, non obstante o Código Penal recolle nos seus artigos 522 a 525, varias casuísticas e entre elas que a "ofensa dos sentimentos relixiosos serán castigados coa pena de prisión de seis meses a un ano ou multa de 12 a 24 meses".
 
Por iso Europa Laica reitera, unha vez máis dende hai 14 anos, a esixencia da desaparición destes artigos do actual Código Penal, como vimos solicitando aos partidos políticos, agora tamén nas nosas propostas electorais 2015, para o establecemento dun Estado laico. (Proposta 7) Ver en: laicismo.org
 
3-Europa Laica denuncia que, baixo o amparo de supostas ofensas ás relixións, se está a limitar gravemente a liberdade de expresión, de pensamento e de conciencia da cidadanía e iso socava principios democráticos.
 
4-Europa Laica ao mesmo tempo que é partidario da liberdade de expresión non é partidaria da interrupción violenta de calquera acto sexa civil ou relixioso, por parte doutras persoas alleas a este, salvo que de forma pacífica se chame a atención dunha inxustiza ou de situacións presuntamente delituosas.
 
5-Europa Laica solicita ao xulgado do Penal número 6 de Madrid o arquivo desta causa e polo tanto que queden en suspenso as devanditas imputacións. Por entender que o grave e non constitucional é a existencia deste tipo de recintos en lugares como os campus universitarios e que a expresión deste grupo de persoas no ano 2011 foi, exclusivamente, chamar a atención dunha grave irregularidade ante a opinión pública e non tiña como fin socavar sentimento ningún.
 
6-Europa Laica rexeita a postura intransixente e pouco ilustrada do voceiro do PSOE Sr. Carmona e doutros membros da corporación e da vida pública, por comparar esta imputación con outras sobre graves delitos de corrupción.
 
https://laicismo.org/2015/ante-la-imputacion-por-las-capillas-en-la-universidad-europa-laica-solicita-al-juzgado-el-archivo-de-la-causa/128545

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript