Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN
 

Manifesto. Derrubando fronteiras

O 15 de Xuño é o Día Internacional polo Peche dos CIE, Centros de Internamento de Estranxeiros. Centros de amoreamento de persoas onde,por lei, se pode estar ata 60 días esperando unha suposta deportación que, moitas veces non se levará a cabo, e que as deixa nunha situación de aínda maior vulnerabilidade, ao impedir a súa regularización.

 

  • Noticias relacionadas

As condicións neses centros son infrahumanas e se exercen sobre persoas que cometen unha única falta: carecer dun papel que as convirta en residentes neste país. Estamos pois, diante dunha represión racista. Unha fronteira que deberiamos derribar.
 
Pero as fronteiras van moito máis aló dos propios CIE. Día tras día, as persoas inmigrantes están sendo sometidas a redadas e identificacións arbitrarias pola súa aparencia ou cor de pel. Redadas que se están executando inclusive nos propios domicilios.

 
Non nos podemos esquecer da Fronteira Sur, das vallas de Ceuta e Melilla e as ilegalidades que está cometendo o goberno coas expulsións chamadas “en quente” que non son outra cousa que expulsións ilegais. Con todo isto, estase conseguindo a expulsión indiscriminada de persoas, evitando así conceder asilo ás que chegan fuxindo dunha morte segura nos seus países; moitos deles en conflitos bélicos.
 
Temos outra fronteira fortemente armada nas deportacións de poboación inmigrante. O goberno do Estado español e grandes empresas estanse lucrando cos respectivos voos de Deportación. Empresas do grupo Globalia, ao que pertencen Air Europa, Viajes Halcón, Viajes Ecuador, Travelplan ou Pepe Phone... son parte de todo este entramado O goberno aprobou pagar a esas empresas algo máis de 12 millóns de euros para este ano e o seguinte en concepto de voos de deportación.

 
A represión á que é sometida a poboación inmigrante ten outras fronteiras que se volven invisíbeis. A vulneración dos seus dereitos sociais: No territorio hai múltiples fronteiras legais que amparan a denegación sistemática dos dereitos básicos, obrigando as persoas migrantes a transitar por un labirinto burocrático con altas doses de racismo e xenofobia:
 
· A exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa,probablemente sexa a maior e a máis ruin eliminación de dereitos básicos que se teñen producido no Estado Español nestes últimos anos.

 
· Resulta moi preocupante tamén o aumento dos casos de explotación laboral do colectivo d@s traballador@s migrantes, de forma concreta no ámbito do emprego doméstico; ainda que tamén en sectores como a hostelería, o sector pesqueiro ou o agrogandeiro. Condicións indignas e de explotación resgardada nas sucesivas reformas laborais do goberno neoliberal.

 
· Engadido a esta situación, e como outro exemplo destas fronteiras interiores temos as restricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder a estas prestacións sociais. A Xunta impide o acceso á RISGA ás persoas que carecen de documentación, inxustiza que levamos tempo denunciando, e que aprobación da nova Lei de Inclusión Social de Galicia non só non mudou senón que impuxo novos atrancos.


Derribemos as fronteiras que nos separan. Os seres humanos somos todos un. Non importa procedencia, cor, relixión.

 
Ningunha persoa é ilegal! Non máis represión á poboación inmigrante!

https://forogi.files.wordpress.com/2015/06/octavilla.pdf

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript