Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE-ESTAFA E REPRESIÓN
 

Como se está a proceder en España á criminalización da pobreza?

A pobreza severa en España alcanza xa o 29% dos seus habitantes. Non son cifras nosas. É o mesmo Instituto Nacional de Estatística o que corroborou estas arrepiantes porcentaxes.

 

  • Noticias relacionadas

Pero se xa as estatísticas están a indicar unha situación grave, que noutras circunstancias históricas con organizacións sindicais e políticas socialmente reivindicativas darían lugar a unha conmoción social probablemente repleta de conflitividade, o que se aveciña para apenas dentro dun mes, é realmente alarmante.
 
En efecto, en menos de 30 días, entrará en vigor a reforma do Código Penal. A través dela non só se criminalizará a protesta na rúa, senón que tamén quedará criminalizada a pobreza no Estado español.
 
No articulado da nova normativa inclúense infraccións severas para as persoas que se encontran sen fogar, de tal forma que se fará case imposible a súa reinserción social.
 
A pobreza en España está a derivar de xeito inexorable cara a unha discriminatoria marxinalidade da que resulta case imposible saír, máis aínda cando as reformas do Código Penal promoven o castigo e non a reinserción.
 
O goberno do Partido Popular - ao igual que no pasado o empezou a facer o PSOE - implementan un modelo no que a segundas oportunidades xa non existen. Esa política non só está propulsada dende o goberno central, senón tamén dende non poucos Concellos. Un deles, por exemplo, é o de Sevilla. O seu Consistorio aprobou unha ordenanza municipal que tiña como obxecto sancionar duramente as persoas que se vían obrigadas a recorrer á busca de alimentos nos caldeiros de lixo.
 
Entre as conclusións dun seminario recentemente organizado pola Asociación Libre de Avogados, expresouse con claridade que a criminalización da pobreza é un estigma que vai a máis en España. E o que é peor, malia ás actuais circunstancias son poucas organizacións que o denuncian. Unha represión que en moitos casos, empeza dende a adolescencia nos chamados Centros de acollida.
 
A marxinalidade no Estado español converteuse nunha espiral da que resulta case imposible escapar, especialmente despois das reformas do Código Penal, que buscan máis o castigo que a reinserción. O 35% dos menores de 16 anos esta vivindo xa por debaixo do nivel da pobreza.
 
A reportaxe en video que lles ofrecemos a continuación, conclúese dicindo que España se está a encamiñar a converterse nunha sociedade clasista... Pero realmente algunha vez deixou de selo?
 
VÍDEO RELACIONADO:

 

 



Canarias Semanal

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript