Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  COMITÉ DE FOLGA INDEFINIDA DE TÉCNICOS DE MOVISTAR
 

Comunicado do comité da folga indefinida do persoal técnico de Telefónica-Movistar: cambio de ciclo

A asemblea de traballadores e traballadoras en folga indefinida de Movistar, despois de 74 dias de folga, quere facer pública a seguinte declaración. A loita pola dignificación das condicións laborais deste sector debe entrar nunha nova fase, adecuándose ao novo escenario que se configurou, froito da folga.

 

  • Noticias relacionadas

Este escenario é o que xa prediciamos como o máis probable: Telefónica (neste caso a súa armazón subcontratador) e os sindicatos oficialistas reunidos nunha mesa de negociación que, se non fose pola nosa loita, non se daría nunca.
 
Esta mesa de negociación, que ten a misión de desenvolver un acordo demasiado vacuo de contido e en principio concibido para frear o alcance da folga e limitar as súas reivindicacións, debe ser fiscalizada de forma permanente mediante a mobilización, se queremos que minimamente xurdan dela acordos que supoñan unha mellora real das condicións laborais e salariais do sector.
 
A pesar da irrupción dos sindicatos oficialistas na folga que sempre actuaron sen ter en conta a xente afectada polas pésimas condicións de traballo do sector, a folga tivo unha duración insólita e soubo superar con éxito numerosas dificultades. Fomos superando etapas e agora estamos no momento que, para poder continuar a loita con garantías, debamos cambiar a fase desta.
 
A folga debe tomar un respiro, recompoñer as súas filas, articularse en torno ao movemento auto organizativo que se conseguiu crear, para volver a ser novamente o instrumento axeitado para facer fronte á nova situación.
 
Esta fase da mobilización que hoxe deixamos atrás foi longa, moi difícil, pero temos que dicir abertamente e con pleno convencemento que pagou a pena. Crecemos mediante a loita. Descubrimos que podemos facer fronte ás inxustizas, por grande que sexa o causante destas. Coñecemos, contactamos e loitado xunto a persoas que, a pesar de traballar no mesmo sector, apenas nos coñeciamos. Fomos capaces de loitar xuntas persoas de equipos fragmentados de distintas empresas que se uniron, subcontratas e autónomos. Entendemos o valor dunha palabra que se usa demasiadas veces para definir algo así como a caridade, e que comprendemos que non, que ten outro significado, que é unidade, empatía, confluencia de intereses, camaradaría e sobre todo, saberse parte dun todo que ten os mesmos obxectivos: a xustiza social e a igualdade de dereitos de todos e todas. Esa palabra é Solidariedade.
 
No terreo do concreto, o amortecemento parcial da caída do baremo, a eliminación das penalizacións, así como a eliminación dun chanzo de subcontratación, son froito da folga, da nosa mobilización, e non da habilidade negociadora de ningún sindicato. A loita directa e participativa dános o que a pasividade deses sindicatos, que se autodenominan representativos sen contar coa opinión dos e das traballadoras, nos quita.
 
A estas alturas do manifesto, temos que denunciar tamén o comportamento desleal de Telefónica e a interpretación torticeira que fixo do acordo alcanzado para o desaloxo voluntario do MWC. A vontade dos e as traballadoras sempre foi negociar, e en efecto, en canto obtivemos a concreción dunha negociación, abandonamos o encerro (que se produciu, recordémolo, cando levabamos case dous meses de folga indefinida) baixo o compromiso de que Telefónica renunciaría a accións legais contra os encerrados.
 
Pois ben, a día de hoxe, Telefónica ameázanos con que se reserva o dereito a pedir danos e prexuízos a Aitzol, un dos nosos voceiros, mentres a Fiscalía segue de oficio coa causa penal contra el. Entendemos que ambos os dous movementos son unha clara transgresión dos acordos alí alcanzados e xa anunciamos publicamente que responderemos coa mobilización, traballadora e cidadá, a tamaña agresión. Esiximos a Telefónica que retire activamente a denuncia mediante escrito á Fiscalía e que renuncie á petición de danos e prexuízos. Aitzol é xa un símbolo dunha loita exemplar, e imos defendelo, a el e a este movemento auto organizativo, como elementos fundamentais para a futura mobilización.
 
O cambio de fase na loita, pois, concretarase da seguinte forma:
 
1. -Volta xeneralizada e ordenada ao traballo a partir do luns 22 de xuño. Volvemos para garantir a continuidade da loita, para reorganizarnos, fortalecer as caixas de resistencia e dar unha oportunidade ao compromiso verbal de que en dous ou tres meses ían concretarse importantes melloras das nosas condicións de traballo.
 
2. -Anunciamos a volta á folga, se non se producen melloras significativas, en outono deste ano 2015.
 
3. -A folga indefinida manterá a súa vixencia legal para dar cobertura ás negociacións en marcha en Bizkaia i Gipuzkoa, así como nalgunhas empresas do resto do territorio, onde hai entaboadas negociacións dalgúns flocos laborais e económicos pendentes de resolver, como é o caso de Cotronic en Barcelona.
 
4. -Unha vez resoltos estes flocos, considerariamos a posibilidade de suspender efectivamente a folga por un período mínimo de tres meses, ata valorar a evolución dos acordos de mellora que se vaia publicando.
 
Queriamos facer mención tamén a un aspecto da loita. O compromiso das escaleiras é unha ferramenta que ten que axudarnos a forzar un cambio nas condicións laborais do sector. Para iso, é indispensable que se abra un debate público sobre que opcións hai para facelo cumprir de forma efectiva e levalo a cabo. A resposta chula de Telefónica dicindo que ningunha empresa de Telecomunicacións ofrecerá condicións laborais dignas tennos que levar a unha profunda reflexión. Non podemos dicir que si, se pode e quedar no simple intento.
 
Non queremos rematar este comunicado sen agradecer de todo corazón a enorme solidariedade recibida por parte de tantas persoas, organizacións, colectivos, medios de comunicación alternativos, ateneos, asociacións de veciños, sindicatos... dános medo deixarnos a alguén, pero é que foi tan e tan grande o vivido... Grazas de todo corazón, tédenos para o mesmo que vos temos a vós e vós, para loitar pola dignidade e a xustiza neste mundo.
 
Vémonos na loita, e será pronto.
Saúde e loita. Ata vencer.
 
Comité de folga indefinida de persoal técnico de Telefónica-Movistar
Venres, 19 de xuño 2015
www.teleAfonica.net
correo electrónico: teleafonica@ymail.com

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript