Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  A COVA DE ALÍ BABÁ
 

A patronal embolsouse 12 millóns de euros para formación que non xustificou

A CEOE terá que facer fronte aos 12,1 millóns de euros que lle reclama o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) por subvencións que lle concedeu en 2011 destinadas a cursos de formación e que a patronal non xustificou.

 

  • Noticias relacionadas

8,1 millóns foron a CEPYME
Dos 12,1 millóns de euros, catro corresponden directamente á CEOE e o resto, 8,1 millóns foron subvencións concedidas á Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), segundo adianta o diario El Mundo.
 
Non se xustificou
O Servizo Público de Emprego Estatal, dependente do Ministerio de Emprego, basea a súa reclamación no control levado a cabo pola Fundación Tripartita, que detectou que os fondos non foron debidamente documentados e que as facturas non responden aos requisitos requiridos.
 
O requirimento do SEPE está referido a irregularidades no ano 2010, que xa foron detectadas polo Tribunal de Contas. De acordo con ese órgano, a CEOE contratou directamente, polo menos, 4,3 millóns euros sen solicitar ofertas a tres provedores diferentes.
 
A CEOE menosprezou o seu patrimonio
O ano pasado, unha auditoría de Price Waterhouse Coopers á CEOE descubriu que a patronal non contabilizou os edificios que lle cedeu o Estado, polo que no seu patrimonio non aparecen rexistrados 10 millóns de euros. A patronal alegou que eses inmobles foron cedidos a organizacións empresariais e que se trata de activos dos que non dispón.
 
Recollido de El Plural 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript