Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 278 - 22/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Asuntos económicos

Os problemas de liquidez que se arrastran desde fai tempo, fixeron que se amoreasen os impagos nos últimos meses, na prensa sinálase que, actualmente, se debe a provedores unha cantidade de 5 millóns de euros. Que se chegase a esta situación parécenos impropia dunha institución responsable.

 

  • Noticias relacionadas

O que agora se fixo público leva moito tempo preocupando ás compañeiras e compañeiros que tratan directamente cos provedores e que, como consecuencia, reciben as queixas pola irresponsable actuación do goberno da universidade.
 
Despois de presentar unha situación de bancarrota a través da prensa, ao día seguinte da reunión con decanos e directores, os centros de gasto recibiron unha comunicación na que se sinalaba que os gastos básicos quedaban fóra da restrición. Deste xeito, follas de exame… pódense mercar.
 
Nalgúns casos, despois da Resolución conxunta asinada pola vicerreitora de Planificación Económica e polo xerente, procedérase a falar cos provedores para paralizar pedidos en marcha, pedidos que nos casos sinalados se poderán reactivar. O problema é que a moitos destes provedores non se lles aboan facturas de fai meses. Despois da dramática situación económica pintada a través dos medios de comunicación, que pensarán eses provedores?, cómo actuarán debido á falta de pagamento de subministracións anteriores?. O PAS neste caso, como noutros moitos, será quen apague os lumes que outros acenderon.
 
Reiteramos a necesidade de que se nos explique porque sabendo desde o 14 de xaneiro
deste ano que o orzamento real da universidade non era o aprobado na sesión do Consello de Goberno e do Consello Social do 22 de decembro de 2014 se agardou a que a situación chegase a este extremo e non se informou ao Consello de Goberno do que estaba a acontecer.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript