Número 277 - 15 de xuño de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Fusión de centros

    Na reunión que a Xunta de Persoal tivo co xerente o día 10 de maio unha das cousas que se puxo enriba da mesa foi a fusión da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT), primeiro porque afectando directamente ao colectivo de PAS, o seu órgano de representación non fora nin tan sequera notificado, por outro lado porque entendemos que o modelo de universidade que quere impoñer o equipo reitoral debería discutirse antes de aplicarse.

 UNIVERSIDADE
    Co paso do tempo vaise confirmando o estilo de negociar do xerente e, por extensión, do equipo de goberno. Un xeito de afrontar os posibles pactos impropia da institución e que tensa, permanentemente, a relación coas traballadoras e traballadores. Afrontar as negociacións dun xeito astuto, rácano, sempre tratando de obter contraprestacións destapa as intencións do equipo de goberno, que non son outras que frear a recuperación de dereitos dos traballadores e traballadoras, cando non ser parte activa no seu recorte.
XUNTA DE GALICIA - PERSOAL LABORAL

    Despois das asembleas realizadas en toda a xeografía galega o Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia convoca manifestación/concentración en Santiago de Compostela , en San Caetano de 10:30 h a 12:00h o vindeiro día 23 de xuño.

COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA - A CORUÑA

    Ante os últimos acontecementos que estamos a vivir na nosa comunidade, decidimos unirnos á Marea Branca madrileña, e estendela polo noso pais. Non podemos calar ante o peche de 1015 camas e o desmantelamento progresivo do noso sistema de saúde.

SANIDADE PÚBLICA

    A Xunta recorta á metade a información das súas listas de espera hospitalarias. Faino, como informou este diario, en aplicación da denominada lei de garantías de prestacións sanitarias, a norma que lle facilita o Servizo Galego de Saúde (Sergas) traspasar pacientes á sanidade privada para, precisamente, axustarse a un máximo de 60 días de espera.

CONFEDERACIÓN DE ANPAs GALEGAS

    O presidente da Confederación Anpas Galegas, Javier Sánchez, lembrou hoxe, día 11, en Ferrol que o vindeiro luns 15 de xuño terán lugar varias concentracións nas que, ademais de reivindicar o sistema de préstamo universal dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación, do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario.

CRISE ESTAFA

    O Fondo Monetario Internacional é insaciable. Por un lado reforza o discurso do goberno sobre a recuperación económica, as súas previsións de crecemento superan mesmo ás feitas polo executivo, celebra que a recuperación en España estea a tomar corpo, pero... xa saben que co FMI sempre hai un, pero, todo isto é insuficiente.

XUSTIZA

    Unha Xustiza que necesita ser renovada, empezando pola Constitución. Esta é a proposta principal que fai a asociación de xuíces e maxistrados Jueces para la Democracia (JpD) tras a celebración do seu XXX Congreso.

CRISE ESTAFA

    Presentouse o barómetro de 2015 dos Círculos de Economía e de Empresarios e unha das súas conclusións déixanos perplexos: propoñen os empresarios reducir o salario mínimo interprofesional (SMI) dos mozos sen formación, de forma que unha parte da remuneración se pague en especie, para que así as empresas xeren emprego e crezan.

• OPINIÓN - Manuel Medina

    Segundo o informe anual que está a preparar o Fondo Monetario Internacional (FMI), a marcha macroeconómica de España "vai moi ben". Significa isto que empezamos a ver "a luz ao final do túnel", como aseguran os nosos pintorescos tertulianos e demais eséxetas do sistema? Non nin moito menos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR) todos os luns desde as 19:30 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 ELECCIÓNS SINDICAIS
    Esta semana concluíu o proceso electoral cunha vitoria incontestábel da CUT en todos os centros da entidade pública empresarial CRTVG. Son os 6 representantes no Comité de San Marcos, 1 nos centros de Lugo, A Coruña e Ourense, e dúas delegadas na delegación de Vigo. Estes resultados cristalizan colocando á CUT nos 5 representantes no Comité Intercentros, fronte aos 2 de UXT, CIG, CCOO e USO.
 COMITÉ DE FOLGA INDEFINIDA DE TÉCNICOS DE MOVISTAR
    Posteriormente á convocatoria de folga indefinida que, a petición dos traballadores, realizou AST o 28 de marzo en Madrid e o 7 de abril en todo o estado, e CGT e co.bas o 14 dese mesmo mes, CCOO e UGT convocaron paros parciais que levaron a unha negociación na que se chegou a un acordo o 5 de maio.
 CRISE?, QUE CRISE?
    As empresas do Ibex aumentaron os seus beneficios netos un 35,01% nos tres primeiros meses do ano, ata totalizar unhas ganancias de máis de 9.700 millóns, segundo os datos recompilados por Europa Press. Só tres compañías do selectivo -IAG, Indra e Arcelormittal- pecharon en 'números vermellos'.
 A XUSTIZA EN GALIZA
    Reportaxe na programa "Más vale tarde", de La Sexta
 EDUCACIÓN PÚBLICA
    O ministro deixará o Goberno co sector educativo en pé de guerra contra a LOMCE, o 3 +2, o tasazo e os recortes en profesorado e bolsas. E sen rectificar a suba do IVE cultural ata o 21%.
 ECONOMÍA
    O Banco de España tráenos un resumo (PDF) das axudas públicas que se regalaron ao sistema financeiro español durante o período 2009 a 2015 no proceso de reestruturación do sistema bancario español.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    O galego é a única lingua oficial do Estado excluída como opción para redixir as actas de nomeamento de concelleiras e concelleiros Marcos Maceira: “ Estes feitos demostran que para os Ministerios de Xustiza, o do Interior, e a Xunta de Galiza, o galego non é nin lingua oficial, nin de segunda, simplemente non existe”
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      PROBLEMAS COS ENCHUFES

       
        O CAPITALISMO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript